InicioVigo e contornaVigoO Concello de Vigo prepara a reforma da "bazofia" da rúa Callao

O Concello de Vigo prepara a reforma da “bazofia” da rúa Callao

"Herdamos un Vigo que ten rúas que non son rúas. Herdamos unha bazofia", incidiu o alcalde.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo abriu o expediente para o convenio que prevé asinar en próximas semanas con Adif, mediante o cal o administrador ferroviario cederá espazos ao final da rúa Callao, unha pista de terra sen asfaltar que discorre paralela á rúa García Barbón e á AP-9, e que será humanizada.

Segundo explicou en rolda de prensa o rexedor, Abel Caballero, ese acordo permitirá “abrir unha rúa nova” na cidade, porque actualmente a zona non é máis que unha pista de terra con “fochancas de 30 centímetros de profundidade”, e comunicar ese tramo de García Barbón e Serafín Avendaño (onde tamén se construirá o ascensor ‘Halo’) con Canadelo Baixo e o ‘nó’ de Isaac Peral.

“Herdamos un Vigo que ten rúas que non son rúas. Herdamos unha bazofia, con vivendas ás que non pode chegar unha ambulancia, unha rúa que ninguén sabe de quen é…”, aseverou o alcalde, que avanzou que, ademais do convenio con Adif (que se asinará “en dous meses”), o goberno local está xa “redactando o borrador” do proxecto de humanización.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...