InicioSociedadeVeciñanza de Cabral denuncia as reclamacións de leiras dos comuneiros

Veciñanza de Cabral denuncia as reclamacións de leiras dos comuneiros

A Asociación de Veciños e Empresarios lembra que a Comunidade de Montes se "comprometera a reclamar só parcelas de entidades e empresas de certa envergadura".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca) denunciou este luns que a Comunidade de Montes da parroquia mantén polo menos seis demandas contra particulares para reclamarlles as súas leiras, a pesar do compromiso trasladado polo presidente da entidade, de que só reclamarían parcelas de entidades e empresas de certa envergadura.

A través dun comunicado, Aveeca sinalou que os comuneiros están litigando pola titularidade dunha parcela de 4.500 metros cadrados con dúas edificacións (e catro vivendas afectadas), unha plantación de kiwis de 1.400 metros cadrados, unha leira pechada de 2.800 metros cun chalé en construción, e outro tres terreos, de entre 1.250 e 3.460 metros cadrados.

E iso a pesar de que a xunta reitora da Comunidade de Montes “asegurou que o seu obxectivo non son os particulares, senón as parcelas ocupadas por entidades e empresas de certa envergadura“, unha posicion que o propio presidente da entidade comunal “defendeu publicamente ante 150 persoas nunha reunión organizada por Aveeca a mediados de decembro pasado”.

Esta asociación de veciños e empresarios lembrou que o argumento que usa a Mancomunidade para reclamar a titularidade das parcelas é sempre o mesmo: que a propiedade do monte é súa desde “tempo inmemorial” e que esta quedou plasmada en levantamentos administrativos da última década do século XIX.

Con todo, os particulares e empresas afectadas obxectan que os seus títulos se remontan, en moitos casos, a principios do século XX, e que hai propiedades inscritas no rexistro desde hai décadas. Entre os afectados tamén hai leiras permutadas no seu día co Concello e todos eles gozaron deses terreos ata que, “sorpresivamente”, din, a Mancomunidade de Montes iniciou unha “campaña de reclamacións” hai dous anos.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...