InicioSociedadeA Casa das Artes de Vigo acolle desde este venres a mostra...

A Casa das Artes de Vigo acolle desde este venres a mostra ‘Laxeiro Inédito I’

Esta mostra recolle pezas inéditas do artísta plástico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Casa dás Artes de Vigo acolle desde este venres e ata o próximo 5 de xuño a mostra ‘Laxeiro Inédito I’, unha colección de 13 pezas do artista correspondentes á súa primeira etapa creativa, entre os anos 30 e principios dos 50, con obras descoñecidas ata agora para o gran público.

O alcalde, Abel Caballero, asistiu esta mañá á inauguración, pondo en valor o traballo de recuperación da obra do artista que realizou a Fundación Laxeiro.

“A grandiosidade pictórica desta exposición reafirma a grandiosidade de Laxeiro como pintor universal, un dos grandes pintores que houbo en España”, sinalou o rexedor olívico, que é á súa vez o presidente da Fundación Laxeiro.

Para Caballero, é necesario que Laxeiro ocupe o lugar que lle corresponde a un artista “que aguanta a comparación cos máis importantes da arte contemporáneo do século XX”.

Na presentación da mostra tamén estivo o comisario da mesma, Javier Pérez Buján, quen explicou que se trata de obras “moi escollidas” nas que quedan patentes as preocupacións estéticas de Laxeiro nos anos 30 e 40. “Foi un pintor do factor humano. Nas súas obras sempre hai personaxes cunha historia que contar“, engadiu.

ÚLTIMAS

Andrea Vilariño, mellor actriz no Festival de Cans

O curto 'O Frío' do director Pablo Dopazo foi elixida o xurado do Festival...

Vigo declara dous dias de loito oficial pola morte do bombeiro en acto de servizo

O alcalde da cidade, Abel Caballero así o anuncio en redes. "Quiero trasladar mi...

Falece un bombeiro en Vigo tras derrubarse unha parede mentres inspeccionaba o estado dunha vivenda

Un bombeiro perdeu a vida tras derrubarse unha parede mentres inspeccionaba o estado dunha...

A feira ‘A ciencia que vén’ celebrarase por primeira vez en Pontevedra

Achegar á cidadanía o traballo do persoal investigador da Universidade e os beneficios dos seus...