InicioSociedadeA UVigo crea un sistema para mellorar a inspección das vías férreas

A UVigo crea un sistema para mellorar a inspección das vías férreas

Este proxecto, desenvolvido xunto con Copasa, permitirá facer un mantemento preditivo das liñas de ferrocarril a través da análise de información recompilada por sensores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) e a Sociedade anónima de Obras e Servizos Copasa están a desenvolver o proxecto ‘Railway Inspection and Information Model’, que permitirá un mantemento preditivo de vías férreas a través da análise de información recompilada por sensores.

Tal como publica o Diario da Universidade de Vigo (Duvi), trátase dunha iniciativa na que se traballará durante tres anos co obxectivo de mellorar as operacións de inspección e mantemento da estrutura das vías de trens co emprego de sistemas ópticos de última xeración e algoritmos para o tratamento automático da información.

Iniciado en outubro de 2021, o proxecto desenvolverase ata setembro de 2024, contando co financiamento das liñas estratéxicas do Ministerio de Ciencia e Innovación. Por parte da UVigo participa o grupo de Enxeñaría Física, con sede na Escola de Enxeñería Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense.

“Esta é a primeira vez que levamos a cabo un proxecto con Copasa e estamos moi satisfeitos de poder abrir esta liña de colaboración. Valoramos moi positivamente este tipo de iniciativas nas que se pode transferir ao tecido produtivo investigación que se realiza no campus de Ourense”, indicou o investigador principal Higinio González.

Segundo indican, a colaboración entre as dúas entidades busca mellorar a eficiencia da inspección e o mantemento das liñas de ferrocarril, polo que destacaron a importancia a nivel internacional de Copasa pola súa capacidade de construír grandes proxectos de infraestruturas, tras participar, por exemplo, no AVE entre A Meca e Medina, en Arabia Saudita.

ÚLTIMAS

Cazan ‘in fraganti’ tres ladróns cando tentaban asaltar unha vivenda no barrio vigués de Balaídos

A rápida intervención policial e a colaboración cidadá evitaron que se consumase un novo...

Unha conferencia revela como a arte do século XIX construíu a imaxe histórica de Vigo

O historiador da arte e membro do Instituto de Estudos Vigueses, José Luis Mateo,...

O Celta recibe o selo nacional de transparencia e divulgación non financeira de mans do Consello Xeral de Economistas e LaLiga

O Consello Xeral de Economistas de España (CGEE) e LaLiga distinguirán o vindeiro luns,...

Abel Caballero convoca o pleno extraordinario do caso Saltamontes o 19 de xuño pero elude a súa comparecencia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, convocou para o próximo 19 de xuño o...