InicioSociedadeUnha técnica pioneira en Vithas Vigo preserva a exaculación tras extirpar tecido...

Unha técnica pioneira en Vithas Vigo preserva a exaculación tras extirpar tecido prostático

Trátase do sistema Aquabeam, unha tecnoloxía robótica que "minimiza" o erro humano durante a extirpación do tecido prostático. "É un tratamento avanzado e minimamente invasivo", explican dende o Hospital Vithas Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O servizo de uroloxía do hospital Vithas Vigo informou sobre a súa nova técnica pioneira en Galicia para tratar a hiperplasia benigna de próstata a través do sistema Aquabeam, unha tecnoloxía robótica que “minimiza” o erro humano durante a extirpación do tecido prostático e preserva a exaculación.

A hiperplasia benigna de próstata (HBP) é un agrandamiento benigno da próstata que provoca unha deterioración na calidade de vida do paciente ao dificultar a saída dos ouriños e mesmo padecer retención aguda, hematuria, infeccións de ouriños, cálculos de vexiga, divertículos e deterioración xeneralizada da función renal.

“A hidroablación prostática é un tratamento avanzado e minimamente invasivo que utiliza a potencia da auga fornecida con precisión robótica para proporcionar alivio da hiperplasia benigna de próstata de longa duración sen poñer en risco o paciente”, sinalou o doutor Manuel Ruibal nunha nota de prensa remitida este mércores polo centro hospitalario.

Con esta técnica, o cirurxián pode ver toda a próstata en tempo real, o que lle permite mapear que partes extirpar e evitar partes que causan complicacións irreversibles, como disfunción eréctil e exaculatoria e incontinencia. Así, conserva a exaculación en nove de cada dez pacientes. “É preciso, consistente e predicible, ademais de que proporciona alivio a longo prazo independentemente do tamaño da próstata”, engadiu o doutor Juan Dacal, urólogo de Vithas Vigo e do grupo Suturo.

ÚLTIMAS

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...