InicioPolíticaO PP pide que Caballero e Silva se manifesten sobre a petición...

O PP pide que Caballero e Silva se manifesten sobre a petición de indulto ao funcionario do ‘caso enchufe’

O portavoz do grupo 'popular', Alfonso Marnotes, afirmou en rolda de prensa que esa solicitude produce "vergoña", e leva a que un condenado "polo caso máis grave de corrupción da historia recente de Galicia" atrase o seu ingreso en prisión, para cumprir unha condena de máis de 5 anos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo presentou unha moción, para o seu debate no pleno deste mércores, na que expresan o seu rexeitamento á petición de indulto do exfuncionario condenado por ‘enchufar’ a unha cuñada de Silva, e instan tanto o alcalde, Abel Caballero, como á propia Carmela Silva, a situarse de forma “clara” sobre esa solicitude da medida de graza.

O portavoz do grupo ‘popular’, Alfonso Marnotes, afirmou en rolda de prensa que esa solicitude produce “vergoña”, e leva a que un condenado “polo caso máis grave de corrupción da historia recente de Galicia” atrase o seu ingreso en prisión, para cumprir unha condena de máis de 5 anos.

“Énchenos de vergoña porque son feitos graves, porque ocorreron no Concello e porque o principal motivo alegado para obter o indulto son 40 anos de militancia no PSOE de Vigo. Un funcionario condenado por malversación e prevaricación a favor do PSOE pídelle ao goberno do PSOE que lle indulte por ser do PSOE. É un auténtico escándalo”, subliñou Marnotes.

Segundo lembrou, o seu grupo municipal “aínda está a esperar que Silva Rego diga algo ou desminta algo”, pero nin ela nin o alcalde nin ninguén do goberno local “deron explicacións á cidadanía nin asumiron responsabilidades”.

Marnotes lembrou que o PP xa se pronunciou en contra de que se dea o indulto ao condenado neste caso, “un alto funcionario da absoluta confianza de Caballero e Silva”, e instou a ambos a situarse agora.

Así, preguntou ao alcalde se “está a favor de indultar a unha persoa que malversa 108.000 euros dos vigueses e falsifica documentación”, e a Carmela Silva preguntoulle se “está a faor do indulto deste funcionario responsable desta contratación, e que xamais revelou quen lle deu a orde de contratar ao seu familiar”.

Finalmente, instou ao propio PSdeG a pronunciarse, despois de nomear a Silva presidenta do partido en Galicia “en canto decátanse dos feitos”, en alusión á sentenza do Tribunal Supremo que confirmou a condena. “Van permitir os socialistas galegos que as persoas condenadas por contratar a familiares dos cargos socialistas de Vigo sexan indultados? É esa a ética do PSdeG?”, preguntou Marnotes.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...