InicioPolíticaVigo aproba o programa municipal para o seguimento de fondos europeos

Vigo aproba o programa municipal para o seguimento de fondos europeos

Os comités estarán formados na súa totalidade por persoal municipal, "que se vai a dedicar de forma intensa ás axudas europeas".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de goberno local do Concello de Vigo deu este xoves luz verde ao establecemento dun comité técnico que levará adiante a tramitación e a execución dos fondos europeos, dos que o concello xa solicitou ata 27,5 millóns de euros.

Tal como informou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, o comité técnico estará formado por oito persoas, ademais dun responsable do proceso, un comité de autoevaluación conformado por tres persoas e un comité de xestión de 16 persoas.

Os comités estarán formados na súa totalidade por persoal municipal, “que se vai a dedicar de forma intensa ás axudas europeas”. “Queremos darlle todo o apoio técnico e de seguimento”, reivindicou Caballero, destacando a importancia que teñen os fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia Next Generation EU.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...