InicioSociedadeSuspendidos os premios Ardán en sinal de loito polo naufraxio do 'Villa...

Suspendidos os premios Ardán en sinal de loito polo naufraxio do ‘Villa de Pitanxo’

O consorcio da Zona Franca, que envía unha mensaxe de condolencia a familias e amizades das vítimas, buscará unha nova data para a celebración deste acto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio da Zona Franca de Vigo suspendeu o acto de entrega dos Premios Ardán, que estaba previsto que se celebrasen este xoves, polo loito oficial decretado en Galicia con motivo do naufraxio do barco ‘Villa de Pitanxo’ en Terranova.

Segundo informaron, Zona Franca buscará unha nova data para a celebración do acto de entrega destes premios, que este ano se retomaba tras a parada pola pandemia e que ían recibir o exministro de Sanidade, Salvador Illa, pola súa “excelencia” á fronte dunha carteira “clave” do Goberno durante a pandemia, e 12 compañías galegas pola súa “excelencia empresarial”.

O delegado do Estado na Zona Franca, David Regades, quixo enviar no seu nome e “no do Consorcio da Zona Franca de Vigo unha mensaxe de condolencia ás familias e amizades da tripulación do arrastreiro conxelador con base en Marín e o apoio e solidariedade con todo o sector do mar, que sofre unha nova tráxica perda”, asegurou.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...