InicioEconomíaFeicopesca anuncia un peche patronal en marzo como resposta á folga

Feicopesca anuncia un peche patronal en marzo como resposta á folga

A patronal afirma que é para preservar a "integridade física" de empregados da conserva. Sindicatos ven esta iniciativa como unha "vulneración dun dereito fundamental" como é a folga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Asociacións de Industrias de Transformación e Comercializadores de Produtos da Pesca e da Acuicultura (Feicopesca) anunciou un posible peche patronal do sector conserveiro no mes o marzo para preservar a “integridade física” dos traballadores.

Tal como informou a patronal, o pasado 2 de febreiro propuxo un acordo de peche de convenio a sindicatos que supuña, entre outras cuestións, incrementar un 7,5% as táboas salariais en 2022 sobre os valores actuais. Con todo, non se chegou a un acordo e producíronse varios días de folga.

“Posteriormente, as centrais sindicais declararon, sen oportunidade previa de negociación, unha nova manifestación e tres xornadas de folga seguidas no mes de marzo“, lamentou Feicopesa.

Por iso, debido a esta “grave” situación, a asociación anticipou que se comezaron as xestións para abordar un peche patronal durante toda a semana do 14 de marzo (cando estaban convocados os días de folga), unha decisión motivada pola “firme vontade” de preservar a “integridade física” de todos os traballadores “tras os incidentes ocorridos durante as últimas xornadas de folga”.

“Desde Feicopesca lamentamos o duro impacto económico que dita acción puidese ter, ao tratarse dunha semana completa de suspensión de contratos no mes de marzo, reiterando a vontade permanente de diálogo e achegamento. Por tanto, solicitamos moderación ás centrais sindicais e proporcionalidade nas súas decisións, apostando por cancelar as súas medidas de presión de forma inmediata e sentar na mesa de negociación”, subliñaron.

A asociación indicou que espera que a negociación se poida resolver antes do peche patronal para que non teña repercusións económicas para o sector.

REACCIÓN DOS SINDICATOS

Neste sentido, os sindicatos indicaron que esta iniciativa “vulnera un dereito fundamental” como é o dereito a folga, debido a que esa mesma semana convocaron varios días de folga en protesta a non conseguir un acordo de convenio colectivo.

Así, Rosa Abuín da CIG lamentou que a patronal “deixa moito que desexar” se a resposta á convocación de folga é un peche patronal no canto de convocar a mesa de negociación.

“Queremos saber cal é a xustificación, porque nas anteriores manifestacións houbo un só incidente en toda Galicia. O comportamento dos piquetes informativos foi excepcional”, reivindicou Abuín, indicado que esta iniciativa podería supor unha vulneración do dereito a folga e que a organización sindical podería recorrer en caso de non estar xustificada debidamente.

Na mesma liña falou Pedro Comesaña de CC.OO., que lamentou que un peche patronal eses días suporía unha “vulneración dun dereito fundamental” como a folga. “É un atentado contra a democracia”, criticou.

“Parécenos que o único que tentan é desmobilizar. Non sei ata que punto pode ser legal, porque temos convocada unha folga a nivel estatal. Paréceme unha barbaridade que saquen un comunicado neste sentido”, criticou.

ÚLTIMAS

PSOE e Vox votan a favor dun novo trazado da A-52 co voto en contra do BNG e a abstención do PP

PSOE e Vox votaron en contra dunha iniciativa na Comisión de Transportes do Congreso...

Caballero irá “xunto” coa RFEF para que Vigo sexa sede do Mundial pero avisa: “Ten que ser rápido”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou o ofrecemento de colaboración da Real Federación...

A Xunta culpa ao goberno de Vigo dos problemas cos sinais no Camiño de Santiago dentro da cidade olívica

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, lamentou este martes que os...

Ecoloxistas en Acción rexeita máis recheos no litoral de Baiona

Ecoloxistas en Acción rexeita o novo recheo no litoral de Baiona e chama a...