InicioEconomíaSan Enrique, única firma que opta á concesión para ocupar os terreos...

San Enrique, única firma que opta á concesión para ocupar os terreos da extinta Vulcano

O Porto resolverá o 25 de febreiro se concede a licenza.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Astilleros San Enrique (de Marina Meridional) foi a única firma que presentou unha oferta para o concurso publicado pola Autoridade Portuaria de Vigo para optar a unha concesión dun total de 18.000 metros cadrados da zona de servizo do Porto en Espiñeiro (Teis), ocupados anteriormente pola extinta Vulcano.

Tal como informou o Porto de Vigo, a partir de agora procederase ao estudo do único proxecto presentado relacionado coa construción e reparación naval, tal e como se esixía nos pregos administrativos. Unha vez os técnicos analicen a oferta, o Consello de Administración resolverá o concurso na súa próxima sesión, que terá lugar o 25 de febreiro.

De ser aprobada, iniciarase o trámite da concesión administrativa e a súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE), tras o que se resolvería “aproximadamente” no próximo mes de abril.

ESTALEIROS SAN ENRIQUE BUSCA SAÍDA AO MAR

Todo iso despois de que en xullo de 2019 se declarase disolto Factorías Vulcano, un estaleiro con máis de 100 anos de historia no barrio vigués de Teis, cuxo plan de liquidación foi aprobado en novembro dese ano.

O Porto recorreu a aprobación do plan de liquidación ante a Audiencia, ao entender que a concesión non podía ser obxecto de venda porque estaba extinguida, pero o tribunal provincial avalou a decisión do xuíz de primeira instancia. Así, completouse o proceso e as instalacións (xunto coa concesión, que finalizaba en 2027) foron vendidas a Marina Meridional.

Con todo, o Tribunal de Conflitos de Xurisdición resolveu en abril do ano pasado que a concesión unha vez extinta Vulcano, pasa a mans do Porto, non do comprador da unidade produtiva. Deixando a Marina Meridional sen saída ao mar para poder levar a cabo a súa actividade.

Por iso, a concesión volveu saír a concurso e agora Marina Meridional busca que os estaleiros San Enrique poidan realizar os seus proxectos produtivos nas instalacións que adquiriu tras a liquidación de Vulcano.

ÚLTIMAS

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...