InicioEconomíaTraballadores de Povisa protestan para pedir que se actualice o convenio colectivo,...

Traballadores de Povisa protestan para pedir que se actualice o convenio colectivo, tras 11 anos conxelado

Convocan, ademais, unha marcha para o vindeiro mércores 16 de febreiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un grupo de traballadores do hospital Ribera Povisa de Vigo mobilizouse este xoves na porta principal do centro para reclamar a actualización do convenio colectivo, que leva 11 anos conxelado.

A protesta, que terá continuidade nunha marcha convocada para o vindeiro mércores 16 de febreiro ás 18,00 horas en Praza de España, consistiu nunha concentración nas inmediacións do hospital despois da celebración dunha asemblea na que a representación sindical trasladou aos traballadores o estado das conversas.

O comité de empresa denuncia os “escasos” avances en temas importantes que se produciron desde que comezaron as negociacións no mes de xaneiro do ano pasado, segundo a CIG.

De feito, as partes mantiveron unha reunión esta mañá para abordar cuestións relativas á xornada laboral, para o que se creou unha mesa de traballo. A dirección, segundo recolle a CIG, “insiste na necesidade de contar cunha xornada irregular e flexible”, algo que o comité rexeita.

Desde a sección sindical da CIG en Povisa lamentan os “escasos” avances desde xaneiro de 2021, polo que inciden na necesidade de forzar a introdución de melloras para contar cun convenio “digno”.

“O actual (convenio) leva conxelado 11 anos, polo que en todo este tempo os traballadores non tiveron suba de soldos. A anterior dirección, en cambio, levou a cabo despedimentos e reducións de xornada antes de vender a empresa”, engadiu a CIG.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...