InicioCulturaCase 54.000 persoas asistiron ao auditorio Mar de Vigo durante o 2021

Case 54.000 persoas asistiron ao auditorio Mar de Vigo durante o 2021

O Festival TerraCeo converteuse no evento que recibiu un maior número de espectadores, con máis de 24.700 asistentes aos 54 concertos celebrados na terraza do Mar de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O auditorio Mar de Vigo pechou o 2021 cun “gran balance de asistencia de público” a pesar das restricións da pandemia, contabilizando case 54.000 persoas que asistiron a algunha das representacións que alí se levaron a cabo.

Do total de persoas que pasaron polo Mar de Vigo o ano pasado, máis de 43.000 acudiron a algún dos espectáculos que acolleu o recinto, mentres que 10.900 pesonas foron de forma presencial a congresos, feiras ou actos celebrados neste espazo.

Por segundo ano consecutivo, o Festival TerraCeo converteuse no evento que recibiu un maior número de espectadores, con máis de 24.700 asistentes aos 54 concertos celebrados na terraza do Mar de Vigo, 10.000 máis que en 2020.

“O Mar de Vigo tamén completou un bo ano no apartado de congresos, feiras profesionais e actos de diversas entidades, polos que apsaron 10.900 persoas polas súas diferentes salas e o hall do edificio”, subliñaron desde a entidade.

Neste sentido, en rolda de prensa o alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou o “moi positivo” balance do auditorio da avenida de Beiramar, que “aguantou francamente ben” a pesar das restricións da pandemia.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...