InicioSociedadeBanco de Alimentos de Vigo repartiu máis de 2 millóns de quilos...

Banco de Alimentos de Vigo repartiu máis de 2 millóns de quilos de comida en 2021

A Fundación indica que no 2022 se poderían chegar a cifras semellantes, xa que a actual situación de crise económica "obrigará moitas familias a seguir pedindo axuda".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartiu máis de 2 millóns de quilos de comida entre 22.000 persoas vulnerables en 2021, o que supón unha cifra “practicamente igual” á rexistrada no ano anterior.

Nun comunicado, Banco de Alimentos reivindicou que a entidade leva varios exercicios cun volume de actividade “por encima dos 2 millóns de quilos” de comida, “e todo apunta a que este 2022 podería ser similar”, xa que a actual situación de crise económica “obrigará moitas familias a seguir pedindo axuda”.

Deses máis de 2 millóns de quilos, case 190.000 corresponderon ao compromiso “firme” da entidade na súa loita contra o desperdicio, grazas á xestión das denominadas diminucións, comida en “perfecto estado de consumo” que por diferentes motivos xa non se comercializa.  Isto grazas á colaboración con empresas como Alcampo, Carrefour, Mercadona, O Corte Inglés, Supercor, Coren ou a Organización de Produtos de Pesca Fresca do Porto e Ría de Marín (Opramar).

“Así mesmo, se algo caracterizou á nosa entidade durante 2021 foi a mellora substancial da denominada cesta básica de alimentos que entregamos ás ONG coas que traballamos. Somos conscientes das esixencias actuais de levar unha alimentación máis saudable e equilibrada. Incluír na dita cesta básica produtos como carne, peixe, froitas, verduras e todo tipo de conservas cremos que teñen un gran valor engadido no que achegas alimenticias se refire”, engaden desde Banco de Alimentos.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...