InicioVigo e contornaVigoO xulgado autoriza a venda da unidade produtiva de Barreras

O xulgado autoriza a venda da unidade produtiva de Barreras

O histórico estaleiro queda así dispoñible para as tres ofertas presentadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, autorizou ao administrador concursal a iniciar o procedemento para vender de forma directa a unidade produtiva do estaleiro vigués Hijos de J. Barreras ás tres sociedades que xa presentaron as súas ofertas, tal como foi solicitado a propia empresa.

No seu escrito, recollido por Europa Press, a xuíza entende que a compañía preservou, en fase preconcursal, “os principios de publicidade, regularidade e transparencia que todo proceso de venda directa require”. Por iso, asegura que “non resulta necesario, e menos razoable, abrir un novo procedemento concurrencial a favor de terceiros”.

No auto, a maxistrada outorga ao tres licitadores (Estaleiros Gondán, Estaleiros Armón Vigo e Mariña Meridional), un prazo de dez días para que, se o estiman procedente, poidan mellorar as ofertas que xa presentaron. Con todo, fixo unha serie de peticións a este tres empresas. En concreto, a Gondán solicitoulle que remita a súa proposta en español, dado que está en inglés. Pola súa banda, a Armón requiriulle que concrete a expresión “polo menos 20 traballadores”, contida na súa oferta, para que especifique o número de empregados e, polo menos, as súas características profesionais. Desta maneira, unha vez o administrador concursal teña coñecemento das ofertas finais, abrirase un prazo de audiencia, tanto para os representantes dos traballadores como para a concursada, os acredores e a autoridade portuaria, tras o cal se emitirá un informe de valoración.

CONTACTO CON 189 POSIBLES INTERESADOS

A xuíza recolle no auto que a administración concursal fixo constar no seu informe sobre o proceso de obtención por parte de Hijos de J.Barreras de ofertas de compra da unidade produtiva que contactou “con 189 posibles interesados, de diferentes países e sectores empresariais”, así como que informou o proceso á Xunta de Galicia, á Autoridade Portuaria de Vigo e a unha asociación empresarial do sector.

Todo iso disipa, segundo o informe, “calquera receo en canto á regularidade, publicidade e transparencia da preparación da operación”. A administración concursal, ademais, asegura no documento que “as xestións directamente realizadas, con gran número de posibles interesados na operación”, puideron ser “máis efectivas que calquera tipo de publicidade, ben sexa en medios públicos e/ou privados”.

No auto, notificado este mércores, a maxistrada lembra que a unidade produtiva constitúe “un conxunto de medios materiais organizados a fin de levar a cabo unha actividade económica”, polo que pode existir sen que inclúa “man de obra ou traballadores”. A xuíza tamén destaca na resolución que, en calquera estado do concurso, aínda en fase común, poderá ser obxecto de alleamento a un terceiro a unidade ou unidades produtivas da concursada e, mesmo, a venda do conxunto da empresa.

Ademais de permitir o inicio do procedemento para executar a venda directa da unidade produtiva do estaleiro, a maxistrada abriu unha peza para presentar alegacións antes de resolver sobre a petición do administrador concursal para despezar e achatarrar os cascos de dous buques que ocupan dous das dársenas que integran a unidade produtiva da concursada.

PROCESO DE VENDA

O estaleiro vigués Barreiras, en mans de Ritz Carlton, contratou á consultora Kroll hai meses para xestionar o proceso de venda, tras o fracaso dos últimos proxectos, con contratos anulados, outros que non chegaron a formalizarse e cun iate-cruceiro de luxo que se está terminando en Santander.

No verán do pasado ano, aprobouse un ERTE para 124 operarios (en vigor ata xullo de 2022, e que só foi apoiado por UGT, con maioría no comité) e, de feito, do total do persoal, só unha decena de persoas está a traballar nas instalacións de Vigo, e outros 30 están a desempeñar labores para rematar o Evrima en Santander.

Tras abrirse o proceso de venda, Kroll recibiu tres ofertas pola unidade produtiva (as instalacións e a concesión portuaria), por parte de Armón, Gondán e Mariña Meridional. Tal e como confirmou o comité, “a única alternativa viable” é ir a un proceso concursal na modalidade de ‘prepack’. Agora o xulgado autorizou a venda da devandita unidade produtiva.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...