InicioSucesosUnha xuíza declara custodia compartida dunha cadela entre unha parella separada

Unha xuíza declara custodia compartida dunha cadela entre unha parella separada

A xuíza subliña que "os motivos de saúde da cadela" alegados polo seu dono non xustifican que incumpra o pacto, pois, segundo os informes da veterinaria, presentaba un proceso gastrointestinal en tratamento, o cal "non impedía que fose entregada á súa esposa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado de Primeira Instancia número 12 de Vigo, especializado en Familia, obrigou ao dono dunha cadela a cumprir o acordo ao que chegou coa súa esposa, aprobado en abril de 2021 nun auto xudicial, polo cal a mascota estaría con ela os mesmos fins de semana que o fillo en común de ambos.

A cadela, segundo ese acordo, sería recollida o venres ás 17,00 horas no domicilio do seu marido, onde debería ser entregada o domingo ás 22,00 horas. Con todo, no auto que saíu á luz este martes, a maxistrada considera acreditado “o incumprimento reiterado e inxustificado do pactado no convenio en relación coas estancias da mascota da familia coa esposa, xa que esta situación de incumprimento mantense desde hai xa un ano”.

No escrito, recollido por Europa Press, a xuíza subliña que “os motivos de saúde da cadela” alegados polo seu dono non xustifican que incumpra o pacto, pois, segundo os informes da veterinaria, presentaba un proceso gastrointestinal en tratamento, o cal “non impedía que fose entregada á súa esposa, informándoa debidamente da pauta alimenticia e a medicación prescrita”.

A xuíza recalca que non se acreditou “ningunha situación de neglixencia ou falta de coidado por parte da esposa cara á cadela que prexudique o benestar e a protección do animal”. O feito de devolvela un día mollada porque estaba a chover, segundo a resolución, “non supón un comportamento neglixente nin consta que fose a causa das molestias gastrointestinales que presentaba a cadela e que motivaron as visitas ao veterinario”.

A maxistrada entende que non resulta “de ningún modo xustificable” que desde aquela data “a esposa e o fillo común non puidesen gozar xuntos da compañía da mascota, tal e como se pactou polas partes no convenio regulador das medidas provisionais”.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...