InicioPolíticaCaballero di que Feijóo é un "mentireiro" por sinalar que a autovía...

Caballero di que Feijóo é un “mentireiro” por sinalar que a autovía é unha “insidia” para non falar do caso cuñada

Abel Caballero indicou que "hai todas as dúbidas do mundo" de que a Xunta apoie o proxecto da nova autovía, porque "hai a certeza" de que o presidente "dixo que non".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “vai de mentireiro” despois de que este último asegurase que o rexedor vigués utiliza a “insidia” da autovía ao Porriño para que non se fale da condena a un funcionario por ‘enchufar’ á cuñada da presidenta a Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Na súa conta oficial da rede social Twitter, Caballero publicou así unha gravación de Feijóo do pasado 21 de xaneiro cando, tras reunirse coa ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, indicou que se lle trasladou a posibilidade ao Goberno de facer gratuíta a autoestrada Vigo-O Porriño para non construír unha nova autovía entre estas mesmas localidades.

Na rolda de prensa deste xoves, Abel Caballero indicou que “hai todas as dúbidas do mundo” de que a Xunta apoie o proxecto da nova autovía, porque “hai a certeza” de que o presidente “dixo que non”.

Tras varios días insistindo no mesmo tema, e despois de que o Concello de Vigo leva a cabo un pleno extraordinario para pedir a Feijóo que apoie a autovía, este xoves o presidente galego asegurou que Caballero utiliza “outra insidia máis” ao acusar á Xunta de non apoiar a construción dunha autovía ata O Porriño no túnel para que non se fale do caso da condena a un funcionario por enchufar á cuñada da presidenta a Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

“Cando unha persoa está sometida a unha sentenza do Tribunal Supremo que condena durante cinco anos de prisión ao xefe de persoal do Concello de Vigo por contratar de forma fraudulenta durante tres anos e por pagar máis de 100.000 euros á cuñada da vicealcaldesa de Vigo e presidenta da Deputación, hai que buscar algunha fórmula para que non se fale disto”, sostivo Feijóo ao ser preguntado polas declaracións nas que o rexedor olívico acusoulle de non querer que se faga esta infraestrutura.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...