InicioVigo e contornaVigoCatro alumnas recoñecidas pola Deputación e a UVigo nas áreas de ciencias...

Catro alumnas recoñecidas pola Deputación e a UVigo nas áreas de ciencias e enxeñaría

Foi dentro dunha nova edición dos premios 'GirlGeekCovid', que foron entregados na sede da Deputación en Vigo, onde a presidenta do organismo provincial, Carmela Silva, destacou que estas estudantes "formarán parte da transformación que vivimos e serán un referente para moitas mozas que teñen que tomar decisións vitais".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro alumnas da Universidade de Vigo foron recoñecidas este xoves como referentes nas áreas das áreas de ciencias e enxeñarías (STEM), nunha nova edición dos premios ‘GirlGeekCovid’, que impulsan a institución académica e a Deputación de Pontevedra, no marco da Cátedra Feminismos 4.0.

Así, Ana Ramírez, estudante do Master de Biotecnoloxía Avanzada, e Marielena Márquez, do de Enxeñaría de Telecomunicación, resultou as gañadoras do certame este ano; mentres que Uxía López, do Grao de Química, e Andrea Busto, do Master de Telecomunicación, recibiron senllos accésit.

A finalidade desta convocatoria é recoñecer ás alumnas cos expedientes máis brillantes, nunhas áreas, as de Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas, nas que as mulleres seguen sendo minoría, e apenas representan o 32 % do alumnado total.

Os premios foron entregados na sede da Deputación en Vigo, onde a presidenta do organismo provincial, Carmela Silva, destacou que estas estudantes “formarán parte da transformación que vivimos e serán un referente para moitas mozas que teñen que tomar decisións vitais”.

Ademais, Silva recalcou que “hai que pór en valor e visibilizar o traballo das mulleres”, que deben ocupar “o lugar que lles corresponde, en igualdade de oportunidades”.

Pola súa banda, o reitor da Uvigo, Manuel Reigosa, avogou pola eliminación dos estereotipos, para que as mulleres novas poidan desenvolver as súas traxectorias naquilo que lles gusta, e puxo en valor o exemplo das premiadas. “Vexo a catro mulleres moi novas, coas ideas moi claras e que, estou seguro, van funcionar como referentes para que esta loita, que é a de toda a sociedade que quere a igualdade, incluídos a maior parte dos homes, non decaia nunca”, proclamou.

Cada unha das dúas alumnas gañadoras recibirá 2.000 euros, mentres que as que obtiveron o accésit obterán 1.000 euros. O xurado valorou tanto o seu expediente académico (nota media ata o curso 2020-21 igual ou superior a 7 nas titulacións de enxeñaría e igual ou superior a 8 nas da rama de Ciencias), como a súa motivación e as súas reflexións sobre o seu papel nuns ámbitos aínda masculinizados.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Arredor de 200 persoas reciben en Vigo o buque “Kate Tenacity” da Flotilla da Liberdade rumbo a Gaza

Arredor de 200 persoas recibiron este mércores en Vigo o buque "Kate Tenacity" da...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...