InicioVigo e contornaVigoDetido un home en Vigo por lanzarlle a carteira a un policía...

Detido un home en Vigo por lanzarlle a carteira a un policía cando lle pediu idenficarse

O home negouse a darlles o seu nome e foi arrestado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 30 anos foi detido nunha zona de copas en Vigo por comportarse de forma agresiva coa Policía, negarse a identificarse e tirarlle a un axente na cara a súa carteira. Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron na rúa Inés Pérez de Ceta sobre as 03,15 horas o pasado domingo, 30 de xaneiro, cando un home que se atopaba no acceso dun local de lecer nocturno comezou a increpar aos axentes que pasaban pola zona.

Debido á súa actitude e ás faltas de respecto cara aos actuantes, solicitáronlle que se identificase, ao que se negou. Por iso, foi informado de que se lle ía a cursar unha denuncia administrativa pola súa conduta, momento no que arroxou a súa carteira contra a cara dun dos funcionarios, que logrou esquivala para acabar impactando no seu ombreiro.

Dado o aumento da súa agresividade, tiveron que proceder á súa redución, mostrando unha “gran resistencia activa” e convidando a berros ás demais persoas alí presentes a que se tornasen en contra dos axentes. Finalmente, B.S.A. de Vigo foi detido pola suposta comisión dun delito de Atentado e Desobediencia.

ÚLTIMAS

O poder arredor da mesa: quen está detrás do Foro da Toxa?

Empresas, banca, enerxía, tecnoloxía e obra pública nun foro no que tamén se reúnen...

Tenta queimar a unha persoa sen fogar en Vigo por ser “estranxeira” e logo vai tomar un café

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un varón de 53 anos, de nacionalidade...

Xulgan a unha empregada do fogar que subtraeu xoias e obxectos por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A sede viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra xulgará o vindeiro mércores, día 23,...

A Audiencia de Pontevedra celebra a audiencia preliminar contra un home acusado de insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo

A sección viguesa da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o vindeiro mércores a audiencia...