InicioVigo e contornaVigoMobilización entre os músicos de Vigo para reabrir as salas municipais de...

Mobilización entre os músicos de Vigo para reabrir as salas municipais de ensaio

Teñen prevista unha reunión coa concelleira responsable para o vindeiro venres.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A plataforma de músicas e músicos vigueses Grupos de Vigo en Loita pide a reapertura das salas de ensaio Vigosónico, pechado indefinidamente dende o comezo da pandemia. Así o apuntaron dende a asociación, que ten prevista unha reunión con María del Carmen Lago Barreiro, concelleira de Xuventude do Concello de Vigo e responsable do complexo de salas de ensaio, para o vindeiro venres 4.

O colectivo constituiuse hai tres semanas para denunciar a ausencia dunhas salas de ensaio públicas e gratuítas en Vigo, e dende entón, explican, ten conseguido un gran eco en redes sociais, en medios de comunicación e tamén no pleno municipal. Agora, confían en que a situación avance nesta xuntanza co Concello.

Dende Grupos de Vigo en Loita consideran que, do mesmo xeito en que coa desescalada do confinamento de 2020 foron reabrindo tanto as salas de ensaio privadas como as municipais de moitos concellos galegos, é “igualmente posible” que reabran as de Vigosónico. Polo tanto, consideran que os argumentos sanitarios esgrimidos polo Concello son en realidade “escusas”, e que este peche se enmarcaría nunha “falta de interese xeral en manter estes espazos de ocio e cultura, especialmente os orientados á mocidade”. Dende a plataforma poñen como exemplo o peche de iniciativas similares previas, como as das salas de ensaio do Castro e as da Casa da Xuventude, que xa de por si estaban situadas máis centricamente que Vigosónico, ubicado na parroquia de Valadares.

Neste senso, todos os partidos representados no Pleno do Concello de Vigo, agás o PSOE, votaron a favor dunha moción da Marea de Vigo para reabrir Vigosónico. Ao tempo que votaba en contra, o partido do goberno afirmou que tiña plans para a reapertura, máis sen dar máis información nin ningunha data concreta. Grupos de Vigo en Loita considera isto insuficiente, e esixirá na vindeira reunión que o Concello poña prazos razoablemente rápidos a este compromiso «para que non quede en palabras baleiras», criticando que non amosase esa vontade de actuar votando a favor dunha moción «que contou co respaldo unánime dos diferentes partidos da oposición».

ÚLTIMAS

Vigo rexeita o recurso de Ryanair e mantén a sanción por reducir voos

O Concello de Vigo confirmou o rexeitamento do recurso de reposición presentado pola aeroliña Ryanair contra a sanción imposta pola...

Caballero impulsa accións legais pola exclusión de Vigo como sede do Mundial 2030

O Concello de Vigo iniciou os trámites para estudar unha posible reclamación xurídica fronte...

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...