InicioVigo e contornaVigoO alcalde de Vigo pide esperar ao informe dos arqueólogos para decidir...

O alcalde de Vigo pide esperar ao informe dos arqueólogos para decidir sobre os restos achados en Porta do Sol

Os achados encontráronse na rúa Elduayen e parecen unhas antigas cimentacións de edificios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, emprazou a que se redacte o informe dos arqueólogos para saber que son e que se fará cos restos achados nas obras de Porta do Sol, en concreto, na parte baixa de Elduayen.

En rolda de prensa, o rexedor explicou que hai que esperar a este documento para saber de que se tratan, que valor arqueolóxico teñen e que solución pódeselles dar.

Caballero defendeu que todas as obras de Porta do Sol e Elduayen contan cun control arqueolóxico “continuo, constante e permanente” desde o momento no que se iniciaron. Para iso, o Concello contratou unha empresa para que fixese dito control, contando coa supervisión dos arqueólogos da Xunta de Galicia.

Ademais da bóveda e o túnel que se atopan en Policarpo Sanz, os cales xa eran “perfectamente coñecidos” e estaban recollidos no proxecto da obra de Porta do Sol, agora apareceron en Elduayen o que parecen unhas antigas cimentacións de edificios.

Para pescudar de que se trata, estanse comparando con planos antigos de entre os anos 1770 ata os 1890. A partir de mañá mesmo a empresa redactará un informe, a partir do cal o Concello tamén escribirá outro documento que será enviado á Xunta para saber como proceder.

Abel Caballero aproveitou para informar de que o novo túnel de Porta do Sol xa está “practicamente feito na súa totalidade”. A nova praza prevese que estea lista para este verán.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...