InicioPolíticaO Concello de Vigo non "regalará" dous pavillóns do Ifevi á Xunta...

O Concello de Vigo non “regalará” dous pavillóns do Ifevi á Xunta para crear un módulo de atletismo

O portavoz do goberno local, Carlos López Font, apuntou á Xunta: "se quere construír pavillóns deportivos, que busque o espazo, pero nunca no Ifevi".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo trasladou este xoves a súa oposición a “regalar” dous pavillóns do Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) para a construción dun módulo de atletismo, como pretende a Xunta, e subliñou que o recinto debe usarse unicamente para actividade feiral.

Así o manifestou o portavoz do goberno local, o socialista Carlos López Font, que mostrou a súa “preocupación” pola proposta da presidencia do padroado do Ifevi (que ostenta o conselleiro e vicepresidente Francisco Conde) e que “supón, na práctica, regalarlle á Xunta os pavillóns 3 e 5 como pavillóns deportivos”.

“Estamos en contra. Supón descapitalizar un recinto feiral“, advertiu López Font, quen considera “inaceptable” a proposta do goberno autonómico, nunha cidade como Vigo, “cidade da economía”.

Ante esta situación, o portavoz municipal cuestionou se haberá que “pedir permiso” para a celebración dun evento feiral no Ifevi e ha institido en que non se poden “regalar” espazos para actividades que non sexan feirais. “Isto vai en contra da economía de Vigo”, sentenciou, á vez que apuntou á Xunta: “se quere construír pavillóns deportivos, que busque o espazo, pero nunca no Ifevi”.

RESPOSTA ÁS NECESIDADES DOS CLUBS

Pola súa banda, a Xunta defendeu a súa proposta, que foi anunciada en xaneiro do ano pasado polo propio Núñez Feijóo e que complementa as obras de ampliación do recinto feiral.

Segundo explicaron fontes autonómicas, a nova dotación deportiva “potenciará a multifuncionalidad das instalacións” achegando novos equipamentos aos deportistas vigueses. De feito, lembraron, o módulo cuberto de atletismo no Ifevi vén dar resposta ás demandas dos clubs e atletas de Vigo e da área, e servirá para paliar a situación de “parálise” que afecta a estes deportistas polas malas condicións nas que se atopan as pistas municipais de atletismo de Balaídos.

Precisamente, con respecto ás pistas de Balaídos, a Xunta asegurou que traballa no “cumprimento do compromiso da reforma” das devanditas instalacións, unha obra “bloqueada polos problemas urbanísticos do Concello de Vigo provocados pola anulación do seu Plan Xeral”.

O anuncio da Xunta de que construiría ese módulo deportivo no Instituto Feiral de Vigo foi acollido, inicialmente, con escepticismo por parte do goberno local que dirixe Abel Caballero. De feito, o rexedor cuestionou no seu día a legalidade desa actuación porque non se contempla no proxecto de ampliación do recinto.

Posteriormente, e no marco das críticas polo atraso das obras de ampliación, Abel Caballero asegurou que o módulo de atletismo non se construiría. Agora, o goberno local ratificou o seu rexeitamento ao mesmo, ao considerar que o Ifevi non debe acoller actividade deportiva, senón exclusivamente feiral.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

O Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235 obras inscritas

O Festival de Cans, que celebrará o seu XXIII edición na aldea de Cans...

Mar remata as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría de Vigo para avaliar o impacto dos temporais e da baixada da salinidade

A Consellería do Mar concluirá este venres as mostraxes nos bancos marisqueiros da ría...

Falece un traballador en Mos tras caer desde altura na parroquia de Sanguiñeda

Un traballador faleceu este mércores no municipio pontevedrés de Mos tras precipitarse ao baleiro...