InicioCulturaO Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235...

O Festival de Cans supera os datos da pasada edición, con 235 obras inscritas

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans, que celebrará o seu XXIII edición na aldea de Cans  entre o 19 e o 23 de maio, recibiu un total de 235 obras inscritas nas diferentes categorías, superando as 230 do pasado ano. Tal e como destacan nun comunicado, trátase dun dato especialmente significativo dado que o certame só admite a concurso obras de autoría galega. A cifra supón ademais o segundo mellor rexistro da súa historia, unicamente superado polas 255 obras de 2019.

A orixe das obras “evidencia a proxección internacional” do talento galego, con creadoras e creadores asentados en países como Alemaña, Bélxica, Reino Unido, Arxentina, Portugal ou Canadá, así como en cidades como Barcelona, Madrid, Pamplona, Valencia ou León.

Un dos datos máis salientables desta edición é o forte crecemento da categoría de ficción, que alcanza os 66 curtametraxes, fronte ás 41 do pasado ano. Entre as obras preséntase unha ampla diversidade de propostas, desde o cine de xénero até a comedia ou proxectos híbridos nas fronteiras do documental.

Apuntan que este incremento pode estar relacionado co feito de que o Festival de Cans recupera este ano o recoñecemento como certame calificador para os Premios Goya, o que permitirá ás obras premiadas sumar puntos de cara a estes galardóns. Na categoría de non ficción, ‘Furacáns’, recibíronse 38 obras, a mesma cifra que na anterior edición, mentres que en ‘Novas Camadas’ (menores de 25 anos) concorrerán 29 traballos.

Pola súa banda, a categoría de animación suma 11 obras, mantendo cifras similares ás do pasado ano. Moitas das pezas presentadas terán a súa estrea en Cans, consolidando o festival como un espazo crave para o lanzamento de novas propostas no circuíto audiovisual. No apartado de videoclips, rexistráronse 80 inscricións, “confirmando o papel de Cans como referencia estatal no ámbito do vídeo musical de autor”. Na sección doutras obras, que inclúe webseries, videocreacións e formatos experimentais, contabilizáronse 16 inscricións, en liña coa edición anterior.

ÚLTIMAS

UGT suspende a concentración contra o ataque con explosivos á súa sede de Vigo á que ía acudir Pepe Álvarez

A condena do ataque contra a sede de UGT en Vigo terá que agardar...

Vigo mantén en segredo o motivo da suspensión do contrato de bus de 470 millóns: “Saberase cando a lei o permita”

Case dous meses despois de que o Concello de Vigo anunciase a suspensión da...

A concelleira de Seguridade de Vigo rexeita dimitir á espera da sentenza do caso Saltamontes: “Non está nas nosas mans”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez, recoñeceu estar "pendente" do...

O novo contrato de ‘renting’ dos coches da Policía Local custará 3,4 millóns ata 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo adxudicou este venres, por 3,4...