InicioVigo e contornaVigoPechan a causa contra un profesor da ESAD acusado de abusos ante...

Pechan a causa contra un profesor da ESAD acusado de abusos ante a prescrición dos feitos

Fora denunciado por sete alumnas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de Instrución número 4 de Vigo deu por finalizada a investigación xudicial sobre os supostos abusos sexuais por docentes na Escola de Arte Dramática, e ordenou que se siga a causa contra dous dos profesores denunciados, mentres que decretou o sobresemento con respecto a outro profesor, ao entender que os feitos denunciados xa prescribiron.

Segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuíz sinala que os feitos foron denunciados o 19 de outubro de 2020 e, a efectos de prescrición, deben terse en conta os que foron cometidos con posterioridade ao 19 de outubro de 2015. Tendo isto en consideración, decretou o sobresemento das actuacións con respecto a un dos docentes, que foi denunciado por sete alumnas.

Con respecto aos dous profesores contra os que seguen as actuacións, foron denunciados por dous estudantes (unha delas denunciou a un dos docentes, e a outra aos dous), como autores de supostos delitos de acoso e/ou abuso sexual.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...