InicioMedio Ambiente e PatrimonioEliminado un punto de vertedura de augas residuais próximo ao río Lagares

Eliminado un punto de vertedura de augas residuais próximo ao río Lagares

O foco procedía dunha obra de construción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia eliminou un punto de vertedura de augas residuais a unha rega próxima ao río Lagares, no lugar de Bagunda da cidade de Vigo. Tal como informou o Executivo galego, o punto de vertedura foi detectado polo persoal do Plan de Control de Verteduras, dependente de Augas de Galicia, durante tarefas rutineiras de inspección.

Así, localizouse un foco irregular de augas residuais industriais, consistente no bombeo de auga mesturada con lodo que se levaba a cabo desde unha obra de construción. Tras identificarse, a Xunta requiriu que se finalizase tal vertedura. Nunha nova inspección, a persoa de Augas de Galicia verificou que o problema xa fora solucionado.

ÚLTIMAS

Morre un home en Baiona tras ser rescatado da auga con síntomas de afogamento

Un home faleceu este martes no municipio pontevedrés de Baiona tras ser rescatado da...

Abel Caballero insiste en pedir a Facultade de Medicina e rexeita que Vigo sexa “unha colonia de Santiago”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en reclamar unha facultade de Medicina...

O comité de empresa do Concello de Vigo denuncia o mal estado das instalacións logo da caída dunha xanela

O comité de empresa e a xunta de persoal do Concello de Vigo denunciaron...

O acusado de violar unha muller mentres durmía queda exento de prisión

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este...