InicioSociedadeOllo, un acceso da AP-9 a Vigo estará cortado ao tráfico por...

Ollo, un acceso da AP-9 a Vigo estará cortado ao tráfico por obras

Trátase do punto quilométrico 1+500 do tramo da autoestrada, onde arrancan as obras de construción de dous apartados de emerxencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O arranque da construción de dous apartados de emerxencia, un por cada sentido de circulación, no punto quilométrico 1+500 do tramo da autoestrada AP-9 que dá acceso á cidade de Vigo obrigará a cortar o tráfico a partir da medianoite deste domingo a luns.

Así o informa o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) nun comunicado, no que precisa que a afectación á circulación se producirá desde as 00,00 ata as 6,00 do luns, mentres que o resto de días –do luns ao venres– serán entre as 22,00 da noite e as 6,00 da mañá.

Ademais da construción dos apartados, Mitma asumirá outra serie de actuacións complementarias de seguridade viaria na AP-9, como a instalación de pórticos de información variable e medidas de control de tráfico. Esta intervención, asegura o Ministerio, “mellorará a seguridade viaria e o nivel de servizo en hora punta neste tramo”.

ÚLTIMAS

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...

Dous furtivos reinciden dúas noites seguidas mariscando ilegalmente en Teis

Axentes da Policía Local de Vigo identificaron a dous mariscadores furtivos que estaban a...