InicioVigo e contornaVigoXuízo á acusada de zouparlle cunha muleta á ex do seu mozo:...

Xuízo á acusada de zouparlle cunha muleta á ex do seu mozo: “nin me acheguei a ela”

A Fiscalía pide case 3 anos de cárcere, e a defensa alega que non hai probas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller acusada dun delito de lesións por propinarlle supostamente un ‘muletazo’ á exparella do seu mozo, e que foi xulgada este mércores na sala do Penal 3 de Vigo, negou os feitos e asegurou ante a xuíza que non só non a golpeou, senón que tampouco tivo contacto físico coa prexudicada: “Nin me acheguei a ela”.

Segundo a Fiscalía, que pide para a procesada unha pena de 2 anos e 9 meses de cárcere (e que indemnice á vítima en 2.650 euros), o 24 de marzo do ano pasado a acusada e o seu noivo foron a casa da exparella del para recoller uns aveños. No trancurso dunha discusión, a procesada colleu unha muleta que levaba a vítima, que estaba recentemente operada dun nocello, e golpeouna con ela, causándolle unha fractura nunha man.

Con todo, a acusada negou os feitos ante o tribunal, e asegurou que ese día, aínda que acudiu co seu noivo a casa da denunciante, non chegou a estar fisicamente con ela, porque quedou no coche mentres a súa parella recollía as súas cousas. “Cando el saíu, eu abrinlle o maleteiro e xa a escoitei que viña gritando, insultándome e cunha muleta no alto”, afirmou, e engadiu que, a continuación, tanto ela como o seu mozo metéronse no coche e marcharon .

Nin me acheguei a ela”, aseverou, á vez que atribuíu a denuncia ao feito de que a muller non aceptou a ruptura sentimental nin a nova relación da súa exparella. Na mesma liña, o noivo da acusada corroborou a versión dada por ela, e explicou que a súa exmoza leva anos facéndolle “a vida imposible”, enviándolle mensaxes con insultos cara a el ou cara ás súas parellas sentimentais.

PETICIÓN DE CONDENA

Tras as declaracións, a Fiscalía mantivo a súa acusación e a súa petición de 2 anos e 9 meses de cárcere, e alegou que “hai un parte médico dese día” no que se refiren unhas lesións “compatibles” co ataque denunciado, e que a vítima “non se puido facer soa”.

Pola súa banda, a defensa reclamou a libre absolución ao considerar que “non hai proba obxectiva” de que se produciu dita agresión, e cuestionou tanto a veracidade do explicado pola denunciante, polas súas contradicións, como a súa credibilidade, xa que existía unha “animadversión” previa da testemuña cara á acusada.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...