InicioVigo e contornaVigoPiden 2 anos de prisión para un adestrador de fútbol por tocamentos...

Piden 2 anos de prisión para un adestrador de fútbol por tocamentos a unha menor en Vigo

A rapaza tiña 16 anos no momento dos feitos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía solicita dous anos de prisión e 5 de inhabilitación para un adestrador de fútbol feminino, acusado dun delito de abusos sexuais por tocamentos a unha xogadora menor de idade en Vigo, e que foi citado para xuízo este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Segundo o escrito de acusación pública (de conformidade coa acusación particular e coa defensa) o acusado foi adestrador de fútbol feminino durante varios anos. Na tempada 2020-21 adestrou a un equipo integrado por nenas menores de idade, coas que se comunicaba a través dun grupo de wasap.

A relación do acusado coas nenas e coas súas familias ía máis aló do ámbito deportivo, xa que o adestrador organizaba reunións tras os adestramentos ou partidos para tomar algo ou cear, ás que tamén acudían os pais das menores. Así mesmo, con frecuencia levaba no seu propio vehículo a xogadoras aos adestramentos.

O home empezou a interesarse de maneira especial por unha das nenas, de 15 anos de idade, á que preguntaba se tiña noivo ou que facía polas tardes, contactando con ela a través da aplicación Telegram. Nunha ocasión chegou a comentarlle que tiña que dicirlle unha cousa “que non era moi apropiada” e pedíalle que borrase as conversacións que mantiñan.

O 22 de xuño de 2021, o acusado envioulle mensaxes asegurando que lle ían a botar do equipo por non ter afinidade coa directiva e preguntándolle á menor se lle seguiría no caso de que se fose a outro club. Na tarde dese día, o adestrador recolleu á moza para levala ao adestramento e, cando ían os dous sós no coche, el agarrouna polo dedo meñique varias veces, aínda que a nena retiraba a man ao sentirse incómoda.

TOCAMENTOS

Na viaxe de volta, tras o adestramento, o acusado novamente volveu collerlle o dedo e, nesa ocasión, apoiou a súa man na coxa da nena e empezou a acariñala, sen darse conta de que a menor lle fixo unha foto co seu móbil. O acusado foi subindo a man, ata introducila por baixo do pantalón curto da nena e apartoulle a roupa interior para introducirlle os dedos na vagina, momento no que a vítima lle apartou a man.

O adestrador dirixiuse a ela para pedirlle que non dixese nada, porque podería ir ao cárcere e ter problemas para seguir adestrando, aínda que lle propuxo volver tocala. A menor contou o ocorrido á súa nai, que pediu explicacións ao aludido. Este envioulle unha mensaxe ao día seguinte, asegurando que non sucedera nada e que se xerou unha “situación rara pola confianza”, á vez que se lamentaba e pedía que non transcendese a ocorrido.

A Fiscalía considérao autor dun delito de abuso sexual sobre menor de 16 anos, e pide para el a pena de 2 anos de prisión, coa circunstancia atenuante de reparación do dano, así como 5 anos de inhabilitación especial para profesión ou oficio que leve contacto regular con menores. Con respecto á responsabilidade civil, non reclama indemnización para a vítima, posto que o acusado xa depositou, en decembro de 2021, os 6.000 euros de compensación acordados.

No escrito de acusación, o ministerio público tamén interesa a suspensión da execución da pena de prisión, condicionada a que o procesado non delinca durante 2 anos, e que se someta a un programa de reeducación.

ÚLTIMAS

Investigan a morte dun vigués tras ser agredido no concerto de Karol G mentres facía unha videochamada coa súa parella

A morte do vigués de 42 anos golpeado tras o concerto de Karol G,...

Máis de 200 persoas gardan un minuto de silencio en Baiona polo veciño falecido no ‘Argos Georgia’

Máis de 200 persoas gardaron na tarde deste mércores un minuto de silencio en...

Malvinas suspende o operativo de busca dos 4 desaparecidos debido ás condicións climáticas

O goberno das Malvinas emite un comunicado sinalando que suspenden temporalmente a busca dos...

Baiona convoca unha “concentración de homenaxe” polo falecemento de Santiago Leyenda no Argos Georgia

Declaracións do alcalde de Baiona, Jesús Almuiña, que convocou unha concentración hoxe ás oito...