InicioVigo e contornaVigoBuscan a unha muller que se deu á fuga tras roubar un...

Buscan a unha muller que se deu á fuga tras roubar un bolso en Vigo

A súa cómplice xa foi detida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a unha muller como presunta autora dun delito de roubo con violencia e intimidación, tras abordar á súa vítima nun portal e subtraerlle o bolso. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada deste luns, cando o 091 recibiu un aviso dun taxista, que fora testemuña dun roubo nun portal da rúa Travesía de Vigo, cuxas autoras fuxiran á carreira.

Unha dotación trasladouse á zona e atopouse co taxista, que estaba a acompañar á muller vítima do roubo. Esta explicou aos axentes que, cando accedía ao portal da súa vivenda, foi abordada por outras dúas mulleres que, tras un tirapuxa e un forte tirón do pelo, lograron arrebatarlle o bolso e saír fuxindo.

A Policía conseguiu localizar nunha rúa próxima a unha das sospeitosas, cuxo aspecto coincidía coa descrición feita polas testemuñas, e procedeu á súa detención. A suposta ladroa mostrouse moi agresiva e negouse a colaborar cos funcionarios. Ao facerlle un cacheo, os axentes interviñéronlle 3 coitelos de cociña, unhas tesoiras e un sacacorchos. A muller, que conta con antecedentes policiais, foi arrestada, mentres continúan as xestións para tratar de localizar á súacómplice.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...