InicioPolíticaAprazado o pleno sobre o 'enchufe' da cuñada de Silva por un...

Aprazado o pleno sobre o ‘enchufe’ da cuñada de Silva por un contacto do alcalde de Vigo cun positivo

Os dous concelleiros de Marea de Vigo esperan realizarse unha PCR tras presentar síntomas compatibles coa enfermidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno extraordinario solicitado polos grupos municipais de Vigo para reclamar “explicacións” ao goberno local tras a sentenza que ratifica a condena a un funcionario vigués por ‘enchufar’ a unha cuñada da concelleira e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, foi aprazado ao non poder presidilo o alcalde, Abel Caballero, por manter contacto cun positivo en covid-19.

En concreto, esta sesión estaba prevista para este mércores, ao termo do pleno ordinario, pero aprazouse ata o próximo mes de xaneiro debido a que o alcalde, Abel Caballero, permanece illado tras dar positivo un dos seus colaboradores estreitos, segundo detallaron fontes municipais.

Aínda que deu negativo nun test de antíxenos, decidiuse aprazar o pleno por “precaución” e o rexedor espera a realización dunha PCR. Ademais, cancelouse a súa axenda para este mércores, que incluía unha reunión coa alcaldesa de Vilanova i a Geltrú (Barcelona) e presidenta da Federación Catalá de Municipios e Provincias, Olga Arnau, e unha recepción aos campións do Europeo de Taekwondo.

Pola súa banda, os dous concelleiros de Marea de Vigo, Rubén Pérez e Oriana Méndez, permanecen illados nos seus domicilios á espera de realizarse unha proba de detección da covid-19 ao presentar síntomas compatibles coa enfermidade. Por iso, Pérez participa de modo telemático no pleno ordinario que ten lugar na mañá deste mércores.

PLENO EXTRAORDINARIO

A celebración do pleno sobre a sentenza a un funcionario polo ‘enchufe’ dunha cuñada de Silva foi solicitado o pasado 17 de decembro, vía rexistro, polos grupos do PP, Marea de Vigo e BNG, que reúnen o sete edís esixidos, como mínimo, polo regulamento do pleno do Concello da cidade olívica.

Os concelleiros da oposición pactaron rexistrar esta solicitude, e tamén o contido do acordo que se someterá a debate e votación. A ese respecto, pedirán que o pleno exprese o seu rexeitamento ás prácticas “corruptas” e o “enchufismo”; a reprobación de Carmela Silva e do alcalde, Abel Caballero; e a constitución dunha comisión especial de investigación para coñecer por que un alto funcionario promoveu a contratación dunha familiar directa da primeira tenente de alcalde, ou por que o Concello non se personou no proceso xudicial a pesar de que se malversaron 108.000 euros de diñeiro público.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...