InicioVigo e contornaVigoDetido en Vigo por mallar na súa parella durante unha discusión

Detido en Vigo por mallar na súa parella durante unha discusión

O home será investigado por un delito de violencia de xénero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home domiciliado en Vigo de 42 anos, L.G.P., foi detido por golpear na cabeza á súa parella no transcurso dunha discusión. Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar este mércores sobre as 21,45 horas, cando os axentes foron alertados dun posible caso de violencia de xénero no Camiño Nancales.

Tras desprazarse ao lugar, os policías entrevistáronse cunha muller que presentaba unha marca na orella dereita e que explicou que, pouco antes, no transcurso dunha discusión, a súa parella golpeáraa na cabeza e abandonara apresuradamente o domicilio.

Posteriormente, o home regresou á vivenda e, ao advertir que os funcionarios se atopaban o interior, tratou de evitar ser identificado, mostrouse moi nervioso e facilitou datos falsos. Dado o seu recoñecemento por parte da muller, os policías detivérono pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero. Na xornada do pasado mércores 22, a cidade olívica rexistrou outra caso que está a ser investigado como violencia machista cando un home foi detido por golpear á súa parella e deixala pechada na casa.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...