InicioEconomíaMarea de Vigo pide reformular o viario de Balaídos a Beade por...

Marea de Vigo pide reformular o viario de Balaídos a Beade por ter un “elevado impacto ambiental”

O portavoz de Marea, Rubén Pérez, apuntou que "existen alternativas", algunhas proxectadas na PXOM de 2008, para evitar que un viario "parta en dous espazos naturais e habitados, como a contorna do barrio de Sáa no monte de Beade".

PUBLICADO O

Unha das grandes infraestruturas anunciadas polo goberno municipal de Vigo no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), o viario que unirá a A-55 co polígono de Balaídos, non convence ao grupo municipal Marea de Vigo polo seu “elevado impacto ambiental”, e pediu que “se reformule”.

Así o trasladou este grupo a través dun comunicado, no que sinala que esa nova estrada, que conectará tamén co Hospital Álvaro Cunqueiro, discorre no seu maior parte por viadutos e túneles, atravesando contornas naturais e afectando as concas dos ríos Lagares e Eifonso.

O portavoz de Marea, Rubén Pérez, apuntou que “existen alternativas”, algunhas proxectadas na PXOM de 2008, para evitar que un viario “parta en dous espazos naturais e habitados, como a contorna do barrio de Sáa no monte de Beade”. De feito, sinalou que “inexplicablemente” se deron licenzas de construción de vivendas recentemente nesa zona, a pesar de trazarse o viario no novo Plan Xeral.

Segundo afirmou, no novo plan urbanístico non se aclara como esta nova infraestrutura poderá “salvar ambientalmente” as concas dos ríos por onde pasa, e cualificou a iniciativa como “un novo cheque en branco para PSA (Stellantis)”.

“En 18 anos podemos asistir ao enésimo cambio produtivo en Stellantis que inutilice de novo unha infraestrutura feita a demanda da fábrica”, advertiu Rubén Pérez, que pediu “non cometer os mesmos erros que se cometeron co Parque Tecnolóxico e Loxístico, onde en teoría se ían a instalar os grandes provedores de PSA, para logo ver como o cambio do sistema de produción levábaos ao Norte de Portugal e mesmo a latitudes máis afastadas”.

Segundo reiterou, ese novo viario, configurado como unha circunvalación intermedia de leste a oeste, afectará a ducias de familias e está condicionado á execución da nova A-55, unha actuación “a moitos anos vista”.

ÚLTIMAS

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...

Catro anos de cárcere para un agresor sexual reincidente que agarrou as nádegas e bicou a unha menor nun portal de Vigo

A Audiencia Provincial de Pontevedra impuxo unha pena de catro anos de cárcere para...