InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero reunirase co Ministerio de Transportes para impulsar o AVE a...

Abel Caballero reunirase co Ministerio de Transportes para impulsar o AVE a Vigo

Confía en que a variante de Cerdedo se leve a cabo malia non estar reflectida nos plans de ADIF.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou que, nos próximos días, manterá unha reunión con responsables do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana “para ratificar a viabilidade” do trazado de AVE Vigo-Ourense-Madrid pola variante de Cerdedo, que volveu a afirmar que resulta “imprescindible” para a súa cidade.

Preguntado tras unha rolda de prensa, asegurou que conta “co apoio do Goberno de España” e o propio presidente, Pedro Sánchez, en canto á construción desta variante, que non se menciona na Estratexia Indicativa de Adif para 2021-2026, que contempla as prioridades do administrador ferroviario.

“A miña confianza en que o van a levar adiante permanece total e absolutamente igual”, resolveu o rexedor olívico, que indicou que proximamente abordará este asunto de novo co Ministerio en Madrid. A este respecto, lembrou que recentemente celebrou unha reunión coa presidenta de Adif, María Luisa Domínguez, e a Secretaría Xeral de Transportes, desde a que se anunciou un novo encontro co Ministerio. Así, garantiu que “a posición conxunta” das administracións “será que se vai a facer” o trazado ferroviario por Cerdedo.

Neste sentido, advertiu de que “se alguén cre que se pode prescindir do Vigo-Ourense por Cerdedo, equivócase completamente”. Deste xeito, volveu a sinalar que o AVE chega a “unha parte de Galicia”, xa que dado que “tardar hora e media en percorrer 100 quilómetros non é alta velocidade”, segundo apuntou en referencia ao traxecto entre a cidade das Burgas e a urbe olívica. Nesta liña, o primeiro edil vigués argumentou que a variante por Cerdedo é, xunto á execución do saída sur a Portugal en túnel, “irrenunciable” para a cidade.

CRÍTICAS

Mentres, Abel Caballero afirmou que “nunca” observa que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “defenda o (trazado) Vigo-Ourense por Cerdedo”, o que, na súa opinión, se debe a que o presidente galego aposta por conectar a urbe olívica e Madrid a través de Santiago. Así mesmo, volveu a acusar ao PP de “meter nun caixón” a conexión de alta velocidade a Vigo durante a etapa de Mariano Rajoy á fronte do Goberno central, o que tamén vinculou a “presións” de Feijóo.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo abre a campaña ao Reitorado da UVigo reivindicando “seriedade” fronte á improvisación

A candidata a reitora da Universidade de Vigo (UVigo), Carmen García Mateo, abriu este...

Unha investigación iniciada en Vigo destapa unha rede que enganaba migrantes con falsas ofertas de emprego

Unha investigación da Policía Nacional iniciada en Vigo permitiu desmantelar unha rede dedicada a...

O Concello reforza servizos para facilitar a regularización

O Concello de Vigo reforzou o servizo de atención ao público para "atender ao...

O Concello activará un dispositivo permanente para situacións de violencia de xénero

O Concello de Vigo activará o 1 de maio un novo dispositivo de acollemento...