InicioVigo e contornaVigoCaballero afirma que Sánchez apoia o AVE por Cerdedo: "falta que Feijóo...

Caballero afirma que Sánchez apoia o AVE por Cerdedo: “falta que Feijóo se comprometa”

Ve "irrenunciable" este trazado da Alta Velocidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, “apoia” a súa demanda sobre o AVE e o trazado pola variante de Cerdedo, que volveu cualificar de “irrenunciable”. A preguntas dos xornalistas sobre esta cuestión e se lle trasladou esta reivindicación a Sánchez no congreso dos socialistas galegos, aseverou que o titular do Executivo central “apoia” o que el expón. “Se o que opina a ministra e a secretaria de Estado”, dixo sobre o Ministerio de Transportes. “Comparten comigo que é irrenunciable”.

Caballero, que asegurou que hai un trámite administrativo que “hai que superar rápido”, incidiu en que o que quere é “a vontade política de todo o mundo”. “E estoume referindo tamén a Feijóó, quen non apoia o AVE a Vigo é Feijóo”, sentenciou. Así, culpou ao presidente da Xunta, á exministra Ana Pastor e ao expresidente do Goberno Mariano Rajoy de ser os que “deixaron á principal cidade deste país sen AVE”. “Agora é Sánchez quen o está resolvendo”, apostilou.

ÚLTIMAS

Detidos mentres tentaban recuperar 80 quilos de coca nun colector en Vigo

Unha operación conxunta levada a cabo por axentes da Garda Civil e funcionarios de...

Luisa Sánchez asume o control do PP en Vigo para ser “alternativa” nas eleccións de 2027

A presidenta do PP de Vigo asumirá nos próximos días a portavocía do grupo...

Un axente en prácticas salva do afogamento a un vendedor de drogas que caeu no porto ao tentar fuxir

A Policía Nacional detivo nos últimos días a tres persoas en Vigo tras desarticular...

Hospitalizado un mozo de 17 anos tras ser agredido con arma branca no Entroido de Hío

Un mozo de 17 anos, veciño de Vigo, tivo que ser hospitalizado na noite...