InicioEconomíaA D.O. Rías Baixas aumenta as súas exportacións en máis dun millón...

A D.O. Rías Baixas aumenta as súas exportacións en máis dun millón de litros na última campaña

Os responsables do consello regulador destacaron a "fortaleza" das vendas no exterior deste sector de Rías Baixas a pesar da crise sanitaria, a incerteza económica, os aranceis impostos pola administración de Estados Unidos aos viños, ou as ameazas do Brexit.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As vendas internacionais dos viños da denominación de orixe Rías Baixas creceron un 12,22% en volume e un 14,33% en valor durante a campaña 2020/2021, que comprende desde o día 31 de agosto de 2020 ao 1 de setembro de 2021.

O presidente do consello regulador, Juan Gil de Araujo, e o secretario, Ramón Huidobro, informaron destas “cifras históricas” rexistradas na exportación a mercados internacionais que ascenderon a 9.263.352 litros e 52.245.671 euros. Isto supón un incremento dun millón de litros e 6,5 millóns de euros con respecto á campaña anterior.

O prezo medio do litro vendido sitúase por encima da media estatal, ao alcanzar os 5,64 euros, cunha subida de 0,10 euros respecto da pasada campaña e superando as cifras anteriores á pandemia. Dentro das 179 adegas que integran esta denominación, a maioría, 107, apostan pola exportación.

Os responsables do consello regulador destacaron a “fortaleza” das vendas no exterior deste sector de Rías Baixas a pesar da crise sanitaria, da incerteza económica, os aranceis impostos pola administración de Estados Unidos aos viños, ou as ameazas do Brexit, como demostra a exportación de 12.351.136 botellas de viño de Rías Baixas, repartidas en máis de 70 países.

Os mercados onde máis se incrementaron as vendas de Rías Baixas son os de Holanda (+50%), Irlanda (con case o 28%), Porto Rico e México (+23,82% e +22,67%, respectivamente). Esta tendencia á alza tamén se mostra noutros mercados como Estados Unidos (+13,36%), Reino Unido (+13,66%), cada vez con cifras máis parellas en volume, así como Suecia (+13,20%).

Tamén destacan, pola súa tendencia á alza e boas cifras, República Dominicana, con 156.524 litros, e Xapón, con 120.833 litros. A Unión Europea mantense como principal comprador en volume dos viños de Rías Baixas con 4.226.121 litros e un crecemento do 8,83%; mentres que, en valor, América sitúase como o número uno: 25.013.900 euros, cun aumento do 20,59%.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...