InicioVigo e contornaVigoArrinca o xuízo por prevaricación contra a cúpula da Cámara de Comercio...

Arrinca o xuízo por prevaricación contra a cúpula da Cámara de Comercio de Vigo

O presidente defende que fixo "as cousas ben" á súa saída dos xulgados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, o coñecido empresario vigués José García Costas (que foi presidente do estaleiro Fillos de J.Barreiras), expresou este xoves a súa confianza en que tanto el como o secretario da entidade fixeron “as cousas ben”, tras saír dos xulgados da cidade despois de declarar como investigados por un suposto delito de prevaricación administrativa.

Segundo explicou o propio García Costas en declaracións aos medios, esta dilixencia preliminar no xulgado de instrución número 4 produciuse despois da interposición dunha denuncia por parte dun antigo empregado da Cámara, en concreto, o que fora secretario da Cámara de Vilagarcía de Arousa.

O conflito iniciouse ao considerar este traballador que foi irregular o seu cesamento e o nomeamento doutro secretario (o actual, M.F.P., que tamén declarou como investigado) cando as entidades camerais da provincia se fusionaron. “O antigo secretario da Cámara de Vilagarcía cre que ten dereito a ser o secretario da Cámara de Vigo, e acórdase 5 anos despois, e despois de cobrar a indemnización e asinar a liquidación. Iso é todo, e como vir aquí é fácil…”, relatou o presidente da entidade.

 

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...