InicioVigo e contornaVigoO Porto de Vigo convértese en "espazo cardioprotexido" con dez desfibriladores

O Porto de Vigo convértese en “espazo cardioprotexido” con dez desfibriladores

O plan de Sanidade inclúe a formación de 80 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo erixiuse en novo “espazo cardioprotexido” coa dotación de 10 desfibriladores, catro deles en vehículos da Policía Portuaria, e tras formar a 80 persoas para usalos en caso de parada cardiorrespiratoria. Así o lembrou este mércores o seu presidente, Jesús Vázquez Almuíña, nun acto que contou coa presenza do Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e da presidenta de Cruz Vermella en Galicia, Carmen Colmeiro. Así mesmo, asistiron representantes das Forzas e Corpos de Seguridade, de empresas que desenvolven o seu labor no porto e doutras entidades.

Vázquez Almuíña, que iniciou a súa intervención no acto lembrando ao falecido Valeriano Martínez, subliñou que o proxecto de instalar desfibriladores externos semiautomáticos (DESA) forma parte da estratexia de ‘crecemento azul’ do Porto. De feito, a Autoridade Portuaria e a Consellería de Sanidade asinaron o pasado mes de maio un convenio para a adhesión da terminal viguesa ao programa ‘Acode e Axuda’.

Respecto diso, sinalou que este tipo de instrumentos, xunto coa formación da poboación, permiten reducir as mortes súbitas extrahospitalarias, ao poder atender ás persoas que sofren paradas xa desde os minutos previos á chegada dunha ambulancia, e que son vitais para reducir a mortalidade. Pola súa banda, Julio García Comesaña destacou que esta iniciativa contribuirá a aumentar a porcentaxe de supervivencia e a minimizar as posibles secuelas dunha parada cardíaca, á vez que lembrou que, cada ano, en Galicia teñen lugar unhas 800 mortes súbitas.

 

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

La Reina del Flow encabezará o Galicia Fest 2026 cun concerto no Porto de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este luns o primeiro cabeza...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...