InicioVigo e contornaVigoDenunciado por conducir baixo os efectos da cocaína en Vigo e ameazar...

Denunciado por conducir baixo os efectos da cocaína en Vigo e ameazar aos axentes

O home, de 58 anos, foi interceptado ás 9 da mañá no centro da cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home de 58 anos domiciliado en Vigo, J.S.S., foi denunciado por ameazar e insultar a axentes da Policía Local que o interceptaron mentres conducía baixo os efectos de opiáceos e cocaína en Vigo. Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar este domingo sobre as 9,38 horas, cando unha unidade realizaba labores de control na confluencia das rúas Pizarro con Couto Piñeiro. Deste xeito, observouse que un turismo que circulaba de forma anómala, polo que se procedeu á súa detención e á identificación do condutor.

Así, comprobouse que este home presentaba síntomas dun consumo recente dalgún tipo de sustancia estupefaciente, polo que foi sometido ao preceptivo test de drogas, que arroxou un resultado positivo en opiáceos e cocaína. Durante a realización das probas, este home ameazou, gritou e insultou aos axentes, ante os que mantivo unha actitude de falta de respecto. Como consecuencia, foi denunciado por conducir baixo os efectos das drogas, así como debido ao seu comportamento.

CONTROIS DE SEGURIDADE VIARIA

Noutra orde de cousas, ao redor das 7,15 horas deste luns, outra patrulla deu o alto a un condutor, un home de 31 anos domiciliado en Cádiz, L.E.L.L., que presentaba síntomas de consumir bebidas alcohólicas.

Por este motivo, foi sometido ás probas correspondentes, que arroxaron taxas de 0,59 e 0,52 miligramos por litro de alcol por aire expirado, o que non excedía o límite penal establecido. Ademais, realizóuselle o preceptivo test de drogas, que arroxou resultados positivos en cannabis, anfetaminas, metanfetaminas e cocaína.

Tamén se lle interveu haxix mediante un cacheo superficial, o que, xunto ao consumo de sustancias, levei que fose denunciado. Así mesmo, realizouse un cacheo ao seu acompañante, unha persoa domiciliada en Vigo de 19 anos, L.E.L.R., mediante o que se atopou un cigarro liado con haxix e unha bolsa plástica con varios fragmentos da mesma sustancia que levaron a súa denuncia pola tenencia ilícita da droga en vía pública.

 

ÚLTIMAS

Sete policías atendidos e un ingresado por inhalación de fume no incendio dun piso da avenida de Castelao

Sete axentes da Policía Nacional tiveron que ser atendidos por inhabilación de fume ao...

Catro persoas feridas nun choque entre varios coches na avenida da Gran Vía, un deles da Policía Local

Catro persoas resultaron feridas nunha colisión entre vehículos en Vigo, un deles da Policía...

Un detido e catro coches policiais danados na persecución a un condutor que se deu á fuga

Un home de 31 anos foi detido en Vigo tras darse á fuga cando...

O Concello reclama a Louzán (RFEF) que aclare os criterios de elección de sedes do Mundial que deixan fóra a Vigo

O goberno municipal de Vigo remitiu unha carta ao recentemente elixido presidente da Real Federación Española de...