InicioSociedadeAumentan lixeiramente os casos activos de Covid-19 en Vigo

Aumentan lixeiramente os casos activos de Covid-19 en Vigo

A presión hospitalaria mantense sen cambios, con un ingresado en UCI e cinco noutras unidades.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia despediu o décimo mes do ano con 33 novos contaxios de covid-19, tres menos que a xornada anterior e en niveis similares aos mantidos ao longo da última semana. Isto nun domingo no que se produciu un lixeiro repunte nos casos activos, ata os 524, e no número de hospitalizados, que soben a 30, aínda que se mantén en cinco o total de pacientes en UCI.

Así se desprende do último balance ofrecido pola Consellería de Sanidade, publicado na mañá deste luns 1 de novembro con datos solicitados ata as 18,00 horas do domingo. Nese momento, o número de novos contaxios detectados durante as últimas 24 horas ascendía a 36 nunha xornada coa taxa de positividade no 1,9%, dúas décimas superior ao día anterior.

A situación nos hospitais reflicte certa estabilidade, aínda que se dá un incremento no total de pacientes covid hospitalizados, que se eleva a 30, dous máis que o sábado. Isto débese ao número de ingresados en unidades convencionais, que sobe en 2, mentres que na UCI sigue habendo cinco pacientes covid.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria sobe na Coruña e en Ourense. Na primeira aumenta nun, ata os sete, os pacientes en unidades convencionais e segue nun a cifra de ingresados en UCI; mentres que na ourensá, sen críticos, aumenta ata o sete tamén (máis dous nas últimas horas).

Por contra, descenden os ingresados en Lugo, que suma un hospitalizados en unidades convencionais e outro en críticos. No resto de distritos sanitarios non se producen novidades: Vigo (cinco en planta, un en UCI); Santiago-Barbanza (tres en planta, un en UCI); Pontevedra (un en planta, cero en UCI) e Ferrol (un en planta, un en UCI).

MANTÉÑENSE OS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid, despois de romper a tendencia alcista da última semana cos datos do domingo, este luns volve incrementarse o total lixeiramente ao aumentar ata os 524, doce máis que 24 horas antes.

Así, as infeccións activas aumentan en todas as áreas salvo en Lugo, onde baixan nun; e en Pontevedra, que descenden en dous. O resto presentan incrementos: Ourense (+5), Vigo (+4), Ferrol (+3), A Coruña (+2), Santiago e Barbanza (+1).

Deste xeito, a área da Coruña e Cee mantense como a que máis casos suma, con 144; seguida da de Ourense, con 111; a de Vigo, con 7; Pontevedra e O Salnés, con 59; Santiago e Barbanza, con 53; Ferrol, con 40; e Lugo, con 38.

BAIXAN OS CONTAXIOS

Pola súa banda, o número de contaxios detectados en 24 horas baixan lixeiramente ao ser diagnosticados durante o último día un total de 33 casos, tres menos que na xornada anterior.

Deste xeito, o último dato mantense nos baremos dos últimos días nunha semana na que os 60 do venres marcaron o teito e os 24 do luns, o chan. O luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Por tanto, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia aumentan a 183.258, das que 43.289 corresponden á área da Coruña e Cee; 37.789, á de Vigo; 27.090, á de Santiago e Barbanza; 21.886, á de Ourense; 21.512, á de Pontevedra e O Salnés; 20.015, á de Lugo; e 11.677 á de Ferrol. Segundo os datos de Sanidade, desde o inicio desta crise sanitaria realizáronse en Galicia 2.898.575 PCR.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– baixou ata o 1,9%, dúas décimas superior ao da xornada anterior e un punto por baixo do 2,74% alcanzado o venres.

VÍTIMAS E CURADOS

Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia en toda Galicia mantéñense en 2.652, ao non notificarse ningún óbito nas últimas 24 horas.

Fronte a iso, 180.116 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse no conxunto da Comunidade galega desde o comezo desta crise sanitaria, 21 máis que as contabilizadas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

Consternación e pesar polo falecemento dun corredor de Nigrán no Trail dos Indios en Boiro

Miguel Álvarez Quiroga, un membro destacado da comunidade do deporte de montaña en Galicia,...

Sindicato CSIF esixe revisar o caso da canguesa desaparecida no oceanofráfico ‘García del Cid’ hai un ano

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) solicitou ao Consello Superior de Investigacións...

A Xunta creará un centro de acollida de mulleres vítimas de violencia de xénero con problemas de adicción no Porriño

O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou a autorización, por parte do Consello da...

Detido tras tentar atracar unha farmacia na Avenida da Florida e mostrar unha nota manuscrita aos empregados con ameazas de morte

A Policía Local de Vigo confirmou a detención dun home de 41 anos de idade, J.R.L.G.,...