InicioSucesosDetido por agredir a unha moza e por un suposto delito de...

Detido por agredir a unha moza e por un suposto delito de tráfico de drogas

O home levaba 12 envoltorios plásticos de cocaína.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a un veciño da cidade, de nacionalidade española, como presunto autor dun delito de tráfico de drogas, e ao que lle interviñeron 12 envoltorios de cocaína preparados para a súa venda en fraccións dun gramo. Segundo informaron fontes policiais, a investigación dos feitos comezou cando o 091 recibiu varias chamadas por unha pelexa na vía pública, onde un home agredira a unha moza.

Axentes de paisano, do servizo de noites, dirixíronse ao lugar dos feitos e entrevistáronse con varias testemuñas, que explicaron que se produciu unha pelexa entre dous homes e que un deles propinoulle un golpe na cara a unha moza, acompañante do outro.

Os axentes solicitaron unha ambulancia para que asistise á muller e, con axuda das testemuñas, localizaron ao presunto agresor, que se mostraba moi nervioso e tentaba abandonar o lugar.

Finalmente foi interceptado e identificado e, ao realizarlle un cacheo de seguridade, os policías comprobaron que portaba un vulto estraño á altura da cintura, preto dos xenitais. Este resultou ser unha bolsa de plástico transparente, con auto peche, en cuxo interior había 12 envoltorios plásticos de cocaína, preparada para a súa distribución en doses individuais dun gramo.

Así mesmo, os funcionarios interviñéronlle, nun dos petos do pantalón, 210 euros fraccionados, “indicios racionais e suficientes para proceder á súa detención como presunto autor dun delito contra a saúde pública”.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...

Denunciado un bazar do Porriño por vender pirotecnia sen permiso e sen medidas de seguridade

O Equipo de Inspección da Intervención de Armas e Explosivos da Comandancia da Garda...