InicioSociedadeVigo conta 64 casos activos e soben as seis as persoas ingresadas

Vigo conta 64 casos activos e soben as seis as persoas ingresadas

A pandemia mantense estable. Os contaxios detectados nas últimas horas non superan os catro. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

A área de Vigo xa non ten pacientes hospitalizados na UCI -igual–, pero soben a seis os ingresados en planta -un máis–, segundo os últimos datos remitidos pola Consellería de Sanidade. As infeccións activas baixan en cinco ata as 64 e os contaxios detectados nas últimas horas non superan os catro.

GALICIA

Galicia pecha o seu primeiro fin de semana fóra da emerxencia sanitaria cun aumento dos contaxios, que soben a 34, e dos casos activos, 415. Sobe tamén lixeiramente a taxa de positividade, ata o 1,61%, pero baixan a 25 as hospitalizacións –unha menos–. Segundo os datos actualizados este domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste sábado, hai sete persoas ingresadas en UCI -sen cambios–, mentres que en unidades convencionais permanecen 18 persoas hospitalizadas -unha menos–.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– sobe lixeiramente ata o 1,61% tras baixar ata o 1,11% o sábado, desde o máis do 2% da xornada anterior, e tras subir ao 1,09% o xoves, despois de descender ao 0,48% o mércores, incrementarse o martes ao 0,84% e comezar esta semana cun 0,51%. No entanto, mantense por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...