InicioCulturaO vigués Gonzalo Suárez Garayo estrea o seu documental en Valladolid

O vigués Gonzalo Suárez Garayo estrea o seu documental en Valladolid

'A cero.5' é a longametraxe autobiográfica que nace logo de que o director quedara en cadeira de rodas e comezara a practicar baloncesto nun club de Vigo. Agora, a súa obra chega á Semana Internacional de Cinema de Valladolid #Seminci.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director vigués Gonzalo Suárez Garayo estrea este sábado, 23 de outubro, o seu documental autobiográfico ‘A cero.5’ na Semana Internacional de Cinema de Valladolid (Seminci).

Suárez Garayo quere ser director de cinema, pero en novembro de 2006 a súa vida párase. E comeza a historia da súa longametraxe. Empeza a practicar baloncesto en cadeira de rodas para non estar só, para seguir a súa rehabilitación que o Estado dá por acabada, e para que a súa película avance.

No famoso club vigués de baloncesto en cadeira de rodas Amfiv, Suárez Garayo “atopa a espectacularidade dos choques entre as cadeiras, as aparatosas caídas, as acaloradas protestas, o cheiro da goma queimada, a velocidade, a dureza, o estalido das rodas, a enorme competitividade e o compañeirismo”.

Gonzalo Suárez é realizador, director e guionista en traballos como ‘HGC 14/02/04’ e ‘Como ser G.S.’. Traballou como docente na Escuela Galega de Cinema, a Escola de Imaxe e Son de Vigo, na Escuela Audiovisual de Vigo e, actualmente, é director do Festival de Cine Inclusivo de Vigo, que acaba de celebrar a súa sexta edición.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...