InicioVigo e contornaVigoAcepta un ano e medio de cárcere por ter pornografía infantil en...

Acepta un ano e medio de cárcere por ter pornografía infantil en Vigo

A Fiscalía pedía inicialmente tres anos pero chegouse a un acordo de conformidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un acusado dun delito de posesión e distribución de pornografía infantil aceptou unha pena dun ano e seis meses de prisión este xoves na sala do Penal número 1 de Vigo . A vista non se celebrou ao alcanzar as partes un acordo de conformidade polo que se impuxo unha pena de ano e medio de prisión ao procesado, para o que inicialmente a Fiscalía pedira tres anos de cárcere.

Así mesmo, acordouse a suspensión da pena por un período de dous anos condicionado a que este home non volva delinquir. Tamén foi inhabilitado para exercer calquera profesión ou oficio que implique un trato regular con menores durante un período de tres anos superior ao da pena de prisión imposta.

Segundo o escrito de acusación pública, os días 27 e 28 de agosto de 2019 o procesado descargou por Internet no seu computador 16 arquivos de contido pornográfico no que aparecían menores de idade e compartiunos con outros usuarios.

O 5 de febreiro do ano seguinte, practicouse unha entrada e rexistro no seu domicilio e incautáronse varios discos duros. Unha vez analizados, comprobouse que, entre todos os dispositivos, había un total de 507 arquivos de contido pedófilo, nos que podían observarse actividades sexuais explícitas entre maiores e menores de idade, e entre menores. Ademais, varios dos arquivos foran ou estaban a ser compartidos, circunstancia que o acusado coñecía.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...