InicioVigo e contornaVigoXulgan en Vigo a un acusado de posuír 507 arquivos de pornografía...

Xulgan en Vigo a un acusado de posuír 507 arquivos de pornografía infantil

A Fiscalía pide tres anos de prisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide tres anos de prisión para un acusado de posesión e distribución de pornografía infantil, que será xulgado na sala do Penal número 1 de Vigo este xoves. Segundo o escrito de acusación pública, os días 27 e 28 de agosto de 2019 o procesado descargou por internet no seu computador 16 arquivos de contido pornográfico no que aparecían menores de idade, e compartiunos con outros usuarios.

O 5 de febreiro do ano seguinte, practicouse unha entrada e rexistro no seu domicilio e incautáronse varios discos duros. Unha vez analizados, comprobouse que, entre todos os dispositivos, había un total de 507 arquivos de contido pedófilo, nos que podían observarse actividades sexuais explícitas entre maiores e menores de idade, e entre menores.

Ademais, varios dos arquivos foran ou estaban a ser compartidos, circunstancia que o acusado coñecía. Por estes feitos, a Fiscalía considera ao procesado autor dun delito de posesión e distribución de pornografía infantil, e pide que sexa condenado a 3 anos de cárcere. Así mesmo, solicita que sexa inhabilitado para exercer calquera profesión ou oficio que implique un trato regular con menores por un tempo superior en 3 anos ao da duración da pena de prisión que se lle impoña.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...