InicioSucesosDetido en Vigo o presunto autor de máis de 40 roubos en...

Detido en Vigo o presunto autor de máis de 40 roubos en negocios e oficinas da cidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Vigo a un home como presunto autor de máis de 40 roubos rexistrados en negocios e oficinas da cidade nos últimos meses, chegando a cometer ata dous ou tres roubos por noite. Segundo informaron fontes da Comisaría, o sospeitoso, que actuaba en solitario ou con outros cómplices, accedía aos locais a través de xanelas, en ocasións en altura e de pequenas dimensións, e unha vez no interior reptaba polo chan para evitar ser detectado polos sistemas volumétricos de alarma.

Entre os efectos roubados houbo material fotográfico valorado en case 4.000 euros, material de barbaría por máis de 4.700 euros, outros 1.900 euros en material informático, unha máquina comecartos e outros bens dun bar valorados en máis de 10.100 euros. A detención produciuse o pasado 11 de maio, cando axentes da Policía Nacional arrestárono como autor dun roubo con forza nunha carnicería. Os investigadores atribuíronlle outros 41 roubos máis e puxérono a disposición do xulgado, que decretou o seu ingreso en prisión provisional.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...