InicioVigo e contornaVigoVigo mantense en 80 contaxiados e suma unha persoa en UCI

Vigo mantense en 80 contaxiados e suma unha persoa en UCI

A área olívica suma nove persoas hospitalizadas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia pecha a fin de semana tras a ponte do 12 de outubro cunha baixada dos contaxios tras notificarse 26 nas últimas 24 horas, dous menos que no día anterior. Os pacientes ingresados por covid ascenden lixeiramente ata os 35, un máis; mentres que os casos activos continúan á baixa e quedan no 443 –oito menos–. O mesmo ocorre coa taxa de positividade, no 0,51%.

Segundo os datos publicados este domingo pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste sábado, as persoas hospitalizadas pola Covid en UCI soben a 8 –unha máis–, mentres continúan 27 ingresados noutras unidades. Pola súa banda, a área de Vigo mantense cun en UCI e conta con oito noutras unidades –un máis–

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

Os casos activos de Covid-19 descenden ata os 443, oito menos, ao haber menos contaxios (26) que altas (34), e ao non haber falecidos. Por áreas sanitarias, as infeccións activas aumentan nas de Pontevedra e O Salnés (+5) e Ferrol (+1), mentres que descenden na da Coruña e Cee (-6), Ourense (-5), Lugo (-5), Santiago e Barbanza (-2). En Vigo non se rexistraron cambios nas últimas 24 horas tras contar cinco novos contaxios que deixan a cifra de positivos en 80.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– descende lixeiramente ata o 0,51%, un descenso que comezou este sábado ao alcanzar o 0,88% tras o 1,61% rexistrado o venres; caer ao 0,42% o xoves, situarse nun 0,95% o mércores e nun 2% o martes, despois de iniciar a semana cun 0,5%. Así, mantense por baixo do 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...