InicioVigo e contornaVigoVigo recupera a liña con O Porto a un prezo especial

Vigo recupera a liña con O Porto a un prezo especial

Renfe restitúe as frecuencias previas á pandemia e lanza prezos promocionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo e O Porto recuperarán o próximo 17 de outubro o seu catro conexións ferroviarias diarias despois de que as frecuencias se reduciran debido á pandemia da covid-19 e os viaxeiros poderán acceder a prazas promocionais ata o 11 de decembro. Renfe e Comboios de Portugal acordaron repoñer os servizos coñecidos como trens Celta que conectan a cidade olívica e O Porto ata completar a totalidade dos que circulaban antes do inicio a pandemia, segundo detallou o operador ferroviario español.

Así mesmo, ambas as compañías lanzarán prazas promocionais desde o 17 de outubro ata o 11 de decembro cun prezo de 5,25 euros para traxectos entre Vigo e O Porto. Tamén poderán realizarse viaxes entre esta cidade lusa e Santiago con ligazón na urbe olívica por 10,30 euros.

O 16 de agosto do ano pasado repúxose a conexión de Vigo-Guixar co Porto con saída ás 8,58 horas e chegada ao Porto ás 10,20 horas (horarios locais); así como o traxecto inverso con saída ás 8,13 horas e chegada a Vigo-Guixar ás 11,35 horas. Ademais, incorporaranse o tren con saída de Vigo-Guixar ás 19,56 horas e chegada ao Porto ás 21,18 horas e a ruta inversa con partida ás 19,10 horas e chegada a Vigo-Guixar ás 22,34 horas.

O tren Celta estivo afectado por dous cesamentos de servizo que tiveron lugar entre o 15 marzo e o 16 de agosto do ano 2020, e desde o 31 de xaneiro ata o 1 de maio deste ano.

ÚLTIMAS

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...