InicioVigo e contornaVigoPremio ao CHUVI polas súas unidades máis punteiras

Premio ao CHUVI polas súas unidades máis punteiras

A Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica certifica coa "máxima calidade" as unidades de EPOC e Alfa-1 Antitripsina da área sanitaria de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As unidades de EPOC e de Alfa-1 Antitripsina da área sanitaria de Vigo foron acreditadas coa máxima certificación de calidade que outorga a Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR), segundo informou do Sergas.

Esta acreditación está considerada como o maior recoñecemento para a atención destas patoloxías en España, e sitúa ás unidades do Chuvi como referentes a nivel rexional e internacional. Respecto diso, o xefe do servizo de Pneumoloxía, Alberto Fernández Villar, trasladou a súa satisfacción por esta acreditación, xa que as unidades lograron manter a súa actividade e os seus proxectos de investigación e innovación “a pesar da pandemia de Covid”.

As responsables destas unidades, as neumólogas Cristina Represas e María Torres, lembraron que eses servizos prestan “unha atención coas maiores garantías e co máximo nivel de dispoñibilidade e accesibilidade”, e valoraron que a SEPAR validara este traballo en equipo, no que tamén se colabora con outros servizos hospitalarios e coa Atención Primaria.

A unidade de EPOC (unha das enfermidades respiratorias crónicas máis frecuentes) da área sanitaria de Vigo atende a unhas 1.500 persoas ao ano no Hospital Álvaro Cunqueiro e conta coa colaboración da Unidade de Rehabilitación Respiratoria, dispondo semanalmente dunha consulta de fisioterapia para a valoración de pacientes, e para educación en técnicas e exercicios de ximnasia respiratoria.

Esta unidade tamén mantén unha estreita colaboración coa Unidade de Hospitalización de Domicilio (HADO) para a derivación de pacientes que requiran este tipo de atención domiciliaria; así como con Atención Primaria, para coordinar coidados ou plans conxuntos de actuación.

Por outra banda, a unidade especializada Alfa-1 Antitripsina trata a pacientes que teñen déficit desta proteína. Trátase dunha enfermidade xenética hereditaria, rara e incurable, que pode causar patoloxías hepáticas e pulmonares.

O Álvaro Cunqueiro dispón do único dispositivo asistencial especializado nesta patoloxía que hai en Galicia, no que colaboran 3 neumólogos, 1 enfermeira e 1 secretaria. Así mesmo, traballa en cooperación cos departamentos de Dixestivo, Pediatría e o Laboratorio de Xenética, e en estreito contacto con Atención Primaria.

No hospital vigués aténdense cada ano unhas 400 consultas sobre esta enfermidade, incluíndo a pacientes e aos seus familiares (que deben someterse a estudos xenéticos). Actualmente, hai un centenar de pacientes coa patoloxía diagnosticada e en seguimento en consulta.

ÚLTIMAS

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...