InicioSociedadeColocada a 'primeira pedra' da nova potabilizadora de Vigo

Colocada a ‘primeira pedra’ da nova potabilizadora de Vigo

O investimento previsto por Aqualia é de 23 millóns.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As instalacións de Aqualia, concesionaria do servizo de saneamento e abastecemento de Vigo, acolleron este xoves o acto de colocación da primeira pedra da que será a nova estación potabilizadora (ETAP) da cidade, unha obra que asumirá a empresa e na que se prevé un investimento de 23 millóns de euros.

Con este proxecto, que ten un prazo de execución de 18 meses, a capacidade de tratamento da planta pasará de 900 litros por segundo a máis de 2.000 litros. Ademais, utilizaranse membranas de ultrafiltración para a mellora da calidade da auga, o que supón un “fito tecnolóxico” no tratamento.

As obras acometeranse en dúas fases. Na primeira farase a construción, sobre o decantador existente, dun innovador edificio de dúas alturas e planta circular, que albergará canles de floculación e remineralización, asú como os depósitos de auga pretratada, o bombeo, os sistemas de filtración e ultrafiltración.

Unha vez que o edificio estea operativo, a auga ultrafiltrada conducirase por gravidade ao depósito de cabeceira, cunha capacidade de 132.000 metros cúbicos, e desde aí, ao sistema de distribución. Nesta primeira fase tamén se construirá un edificio novo para os reactivos necesarios no tratamento.

Cando todo este sistema estea activo, porase en marcha a segunda fase da operación, que contempla a remodelación da instalación ao completo e a construción dun laboratorio de nova xeración, así como dunha nova sala de control automatizada.

Todos os traballos levarán a cabo sen interromperse o tratamento e distribución de auga ao sistema de abastecemento de Vigo e doutros dous municipios (o que supón medio millón de persoas).

As obras da nova ETAP correrán a cargo da concesionaria, dentro do plan de investimentos vinculado á prórroga da concesión. Segundo asegurou o alcalde, Abel Caballero, a construción da nova planta non repercutirá no recibo da auga dos veciños.

ÚLTIMAS

Un estudo do IEO investiga as especies causantes de floracións de algas nocivas nas Rías Baixas

Un equipo do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (IEO, CSIC),...

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...