InicioSociedadeA área de Vigo ten xa menos de cen casos activos de...

A área de Vigo ten xa menos de cen casos activos de Covid

Hai dez hospitalizados, un deles na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia alcanza o ecuador desta semana, ao termo da ponte do 12 de outubro, cunha baixada de casos activos tras o lixeiro incremento do día anterior, que se sitúan en 495; e un descenso a 45 do hospitalizados –seis menos–, mentres que os novos contaxios caen a 31 e a taxa de positividade redúcese a un 0,95 por cento.

Segundo os datos publicados na mañá deste mércores pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas do martes, descenden a nove as persoas ingresadas en UCI –una menos– e baixan a 36 as que permanecen noutras unidades de hospitalización –cinco menos–, mentres que 450 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias a presión hospitalaria aliviase en Vigo, onde aínda que segue un en críticos baixan a nove os doutras unidades –un menos–.

MENOS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos, tras o lixeiro repunte da xornada anterior, Galicia chega ao ecuador desta semana tras a ponte con 495, que supoñen 13 menos, ao haber máis altas (43), que contaxios (31), ao que se suma un falecemento.  As infeccións activas baixan na área de Vigo (-5), que queda con 97 casos activos.

BAIXAN OS NOVOS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 descenden a 31 no conxunto da Comunidade galega, tras os 33 detectados a xornada anterior, despois de iniciar esta semana con 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’. Todos estes positivos confirmáronse a través de Probas de Detección de Infección Activa nas últimas 24 horas, deles, catro na de Vigo.

ÚLTIMAS

Rueda reúnese cos responsables de Conxemar para impulsar o sector da pesca transformada en Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, celebrou esta semana un encontro na...

Xulgan en Vigo unha muller acusada de estafar 6.800 euros cun falso aviso dun “fillo en apuros”

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrará o...

A RAG abre en Vigo a Semana das Letras Galegas coa proxección dun documental sobre Begoña Caamaño

A Real Academia Galega (RAG) abre este luns en Vigo, cidade natal da homenaxeada...