InicioSucesosFalece unha muller tras chocar cun coche a moto na que viaxaba...

Falece unha muller tras chocar cun coche a moto na que viaxaba de acompañante en Ponteareas

O conductor da moto resultou ferido.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller faleceu este sábado tras chocar a moto na que viaxaba como acompañante cun coche na estrada N-120, ao seu paso polo concello de Ponteareas, en concreto, no punto quilométrico 647.

Segundo informou o 112 Galicia, varios particulares puxéronse en contacto co servizo para informar deste accidente pasadas as 17,00 horas, indicando que os motoristas implicados na colisión estaban feridos. Desde o 112 deuse aviso o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros e a Protección Civil de Ponteareas.

Ata o lugar achegouse tamén a Policía Local do municipio que confirmou que a persoa que ía de acompañante na moto falecera e que o motorista estaba ferido. Por último, os servizos sanitarios comunicaron ao 112 Galicia que, ademais do condutor da moto, tiveran que trasladar ás outras dúas persoas implicadas.

ÚLTIMAS

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...

Estudantes da UVigo levan ao espazo un experimento para probar cámaras e sensores de radiación

Estudantes da Universidade de Vigo integrados na asociación UVigo SpaceLab conseguiron poñer en órbita o experimento CORTIS, unha...